O pasado 27 de abril de 2018 o Consejo Social da Universidade de Córdoba (España) organizou unha sesión dedicada a "Fundraising y mecenazgo: En la universidad" na que participou, como ponente, D. Ernesto Pedrosa, Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.
No seu relatorio de debate, titulado "Fundraising y mecenazgo: el reto de las universidades públicas españolas", D. Ernesto Pedrosa fixo unha presentación do Proxecto de posta en marcha e creación do Observatorio de Egresados da Universidade de Vigo, consistente en:
- Localizar ás persoas tituladas da UVIGO desde a súa creación en 1990 até 2015 (71.487 persoas).
- Aplicación dunha macro enquisa destinada a coñecer a súa situación laboral e datos de contacto actualizados.
- Creación dunha Base de Datos das persoas egresadas da UVIGO.
Na súa intervención, D. Ernesto Pedrosa presentou un adianto dos resultados do estudo sobre a situación laboral das persoas tituladas da Universidade de Vigo entre 1990 e 2015 relativo ao lugar de traballo fora de Galicia dos titulados/as que participaron nesta iniciativa do Observatorio de Egresados.
Nesta ligazón pódense visualizar as intervencións dos relatores que participaron nesta iniciativa do Consejo Social da Universidad de Córdoba, incluída a presentación completa realizada polo Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.