Como se indicou no post anterior, o Observatorio de Egresados da Universidade de Vigo, iniciativa do Consello Social e da Vicerreitoría de Estudantes, está a contactar co antigo alumnado a fin de obter informacións sobre a súa experiencia profesional e modo de contacto.
Así sendo, durante o pasado mes de maio establecemos contacto, através do correo electrónico e postal, coas persoas tituladas nas promocións comprendidas entre 1990 e 1995.

Durante este mes de xuño estamos a contactar coas persoas egresadas entre os anos 1995 e 2000. Como se trata de casos de persoas que finalizaron os seus estudos nunha altura en que o grao de desenvolvemento das novas tecnoloxías da comunicación e da información non era o da actualidade, o modo de contacto maioritario é a partir do correo postal, sendo moi baixa a proporción de antigo alumnado da que se posúe o seu correo electrónico de contacto actualizado. A partir do mes de xullo estableceremos contacto coas persoas tituladas entre os anos 2000 e 2005.
Esta investigación ten varios obxectivos:
- Identificar a especialización profesional do antigo alumnado da UVIGO.
- Coñecer a dispoñibilidade das persoas tituladas para cooperar coa Universidade de Vigo na participación en cursos, conferencias e/ou seminarios nos que poda trasladar as súas experiencias.
- Detectar as necesidades específicas de especialización profesional que tiveron despois de realizar os seus estudos, de maneira que con este feedback a Universidade de Vigo conte cunha información valiosa para mellorar a súa oferta académica e planos de estudo.
- Dotar á Universidade de Vigo dun Censo Actualizado do antigo alumnado con indicación da súa especialización profesional.
Finalmente, esta ferramenta permitirá que a UVIGO poda contactar coas persoas tituladas para trasladar informacións sobre as actividades universitarias que podan resultar do seu interese.
Por iso, é de grande importancia a súa participación e, moi especialmente, que as persoas que desexen responder á enquisa proposta polo Observatorio de Egresados cumprimenten os apartados do cuestionario relativos aos datos de contacto.
Esperamos contar coa súa colaboración!!