Páxinas

luns, 17 de setembro de 2018

PRESENTACIÓN DO ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN PROFESIONAL DAS PERSOAS TITULADAS DA UVIGO (1990-2015)



A Universidade de Vigo convértese na primeira de España en elaborar un estudo sobre a situación laboral na que se atopan as e os egresadados saídos das súas aulas ao longo dos primeiros 25 anos da súa existencia. 

Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo (1990-2015) é o titulo do volume elaborado polo ex reitor e responsable do Observatorio de Egresados, Luis Espada Recarey, xunto a Víctor Manuel Martínez Cacharrón, no que ao longo de máis de 720 paxinas debullan a situación profesional na que se atopan 10.748 persoas tituladas (58% mulleres e 42% homes) pola institución académica viguesa e que representan o 15% do total de 71.487 egresadas e egresados pola Universidade de Vigo no período 1990-2015. 

“Esta é unha historia da universidade a través dos ollos dos seus titulados/as, que nos proporcionan información sobre a formación recibida, o mercado laboral e empregabilidade, así como o seu grao de dispoñibilidade a colaborar e manter o contacto coa Universidade de Vigo”, explicou Luis Espada na presentación nun acto no que tamén participaron o reitor en funcións, Salustiano Mato e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.


Fonte: UVigoTV