Páxinas

martes, 2 de decembro de 2014

ESTUDO SEGUIMENTO EGRESADOS (Promocións 2008-09)

Estudo sobre a experiencia académica e profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo
Promocións de 2008 e 2009
Luis Espada Recarey
Víctor Manuel Martínez Cacharrón
Clique AQUÍ para acceder ao estudo completo

INTRODUCIÓN

O ano pasado os autores deste estudo, co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, realizaron un estudo sobre a inserción profesional e a experiencia académica das persoas tituladas da Universidade de Vigo. O interese daquel primeiro estudo centrouse na necesidade de coñecermos a realidade das traxectorias profesionais das persoas tituladas universitarias nun contexto marcado pola situación de crise económica e que se remontaba a dous anos de graduación (2006 e 2007) caracterizados por una etapa de máximo crecemento económico e de mínimos índices de desemprego.

Como se referiu naquela edición, o feito de centrar o estudo despois de transcorridos seis e cinco anos do momento da graduación, estaba motivado en que, transcorrido ese tempo, as persoas tituladas posúen unha perspectiva suficiente tanto sobre a súa experiencia académica como das súas posibilidades no mercado de traballo.



Tendo en conta esta hipótese, o traballo que se presenta céntrase na experiencia académica e profesional das promocións dos anos 2008 e 2009. No período que separa estes dous estudos a realidade que envolve á Universidade de Vigo, así como o resto das universidades galegas e do Estado, profundou aínda máis o contexto de crise económico-laboral circundante e, do punto de vista desta institución, intensificouse o proceso de converxencia europea, contando algúns centros con titulacións adaptadas ao espazo europeo de educación superior (EEES) e con procesos de calidade implementados.


ESTRUTURA

En primeiro lugar, tanto a introdución como as razóns para a realización deste estudo do limiar xustifican a necesidade da nova edición deste estudo.

O apartado “Obxectivos do estudo” indica os obxectivos da enquisa realizada. A seguir, o punto “Características técnicas do estudo” contén informacións sobre a metodoloxía operativa implementada neste traballo, que inclúe o procedemento seguido, a descrición da poboación e a elaboración da mostra.

O seguinte apartado inclúe os Resultados da enquisa mediante unha grande cantidade de cadros e comentarios nos que se realiza unha análise pormenorizada das respostas en función de variábeis como xénero, ámbito académico, campus (se proceder) e, nalgúns casos, titulación.

No seguinte apartado é realizada unha comparativa mediante contrastes estatísticos dos principais resultados deste estudo co anterior a fin de detectar as mudanzas e/ou consistencias no tempo.

Finalmente, o último apartado recolle as principais conclusións que se poden tirar deste estudo.



OBXECTIVOS

Como este estudo pretende ser unha extensión ás promocións de 2008 e 2009 da enquisa de seguimento a persoas tituladas realizada en 2012/13 ás promocións de 2006 e 2007, formuláronse os mesmos obxectivos xerais e específicos que naquel momento.

Máis concretamente:
- Obter informacións das persoas tituladas da Universidade de Vigo naqueles aspectos relacionados coa súa experiencia académica e a súa inserción profesional.
- Analizar a relación existente entre as exixencias do mercado de traballo e a formación recebida.
- Proporcionar informacións relevantes á Universidade de Vigo sobre a empregabilidade dos universitarios e as súas necesidades.
- Proporcionar informacións relevantes á Universidade de Vigo para esta dotarse dunha unidade de seguimento de persoas tituladas.

FICHA TÉCNICA

-          Ámbito: Universidade de Vigo.
-          Poboación: persoas tituladas que finalizaron os seus estudos universitarios na Universidade de Vigo e obtiveron o título nos anos 2008 e 2009.
-          Mostra recollida: 1.203 cuestionarios.
-          Estratificación: na hora de realizar a análise tivéronse en conta as seguintes variábeis de segmentación:
o        Xénero
o        Campus
o        Ámbitos académicos.
-          Procedemento: envío por correo electrónico e postal.
-          Erro: para un nível de confianza de 95%, e p=q, o erro real é de ±2,610 % para o conxunto da mostra e no suposto de mostraxe aleatoria simple.
-          Datas de realización: de maio de 2013 a febreiro de 2014.



ANÁLISE DOS RESULTADOS DA ENQUISA

1. Perfil sociodemográfico

O 59,2% da mostra está formada por mulleres. A presenza feminina é maioritaria nas titulacións das ramas de ciencias da saúde (89,6%), de arte e humanidades (78,7%), xurídico-social (75,6%) e ciencias (69,2%), mentres que na rama tecnolóxica hai máis homes (69,9%).

Por campus, a mostra obtida distribúese do seguinte modo: Vigo (64,4%), Ourense (20,6%) e Pontevedra (15,0%). Máis de dous terzos das persoas tituladas dos campus de Ourense e Pontevedra son mulleres (67,6% ambos), alcanzando o 52,8% no de Vigo.

O 95,3% das persoas tituladas residían en Galicia durante a realización dos seus estudos, 3,5% noutros territorios do Estado e 1,2% en países estranxeiros.

O 79,1% dos titulados/as residen, actualmente, en Galicia. O 20,9% faino fora de Galicia, dos cales o 11,2% o fai noutro territorio do Estado e o 9,7% nun país estranxeiro. Entre os países de destino destacan Alemaña (16,5%), Francia (14,8%), Reino Unido (11,3%), Portugal (10,4%) e Países Baixos (5,2%).

De media, os titulados/as demoraron 5,04 anos en finalizar os seus estudos universitarios, aínda que hai que ter en conta as diferenzas existentes entre titulacións de primeiro e segundo ciclo. O estudantado das diplomaturas da rama de ciencias da saúde acabou, de media, en 3,16 anos. No resto de estudos, os titulados/as finalizaron nun período que vai entre 6,10 anos da rama tecnolóxica, a 5,45 anos da científica, 4,86 anos de arte e humanidades e 4,23 anos da xurídico-social. As mulleres (4,60 anos) finalizan os estudos en menos tempo que os homes (5,72 anos)

2. Actividades durante os anos de estudo universitarios

Unha maioría (56,8%) realizou prácticas en empresas e/ou institucións, porcentaxe que alcanza o 8,3% no caso de empresas situadas no estranxeiro. Até o 19,4% participaron en programas de mobilidade internacional.

Foi analizado o nível de competencias lingüísticas dos titulados/as no momento actual. A avaliación dos coñecementos da lingua galega, nunha escala de 1 a 5,  é de 4,16. Detectouse que o nível de coñecementos do galego entre os titulados/as das ciencias da saúde e científico é menor que no resto de ramas de ensino. Isto está ligado ao feito de seren as titulacións con maior proporción de estudantado doutras comunidades autónomas.

Até un 35,7% recebeu docencia dalgunha materia nunha lingua estranxeira, sendo superior esta porcentaxe no ámbito das artes e humanidades (60,9%) e xurídico-social (45,2%) que no das ciencias da saúde (5,8%).

No tocante ás linguas comunitarias, os coñecementos de inglés foron autoavaliados cun 3,38 (escala de 1 a 5), mostrando maiores coñecementos desta lingua as titulacións da rama de ciencias, arte e humanidades e tecnolóxica, mentres que as ciencias da saúde e xurídico-social mostran o nível máis baixo. Os titulados/as mostran tamén coñecementos en menor medida doutras linguas como o francés (1,95) e alemán (1,39). En xeral, as mulleres mostran máis coñecementos do francés e os homes de alemán, así como as titulacións de humanidades a respecto destas linguas.

3. Actividades de experiencia preprofesional

Con respecto ás actividades conducentes á adquisición de experiencia práctica durante os estudos, o 56,8% das persoas tituladas entrevistadas realizaron prácticas preprofesionais. Os titulados das ciencias da saúde (94,2%), xurídico-social (70,1%) e ciencias (57,9%) foron os que en maior medida realizaron este tipo de prácticas contra o 46,9% da rama tecnolóxica e 21,7% da de arte e humanidades. Cabe referir que a elevada proporción de realización de prácticas responde ao seu carácter obrigatorio na carreira (nomeadamente en enfermaría ou maxiterio).

Outro complemento fundamental na formación regrada é a participación en programas de mobilidade internacional. Por volta dun 19,4% dos graduados participaron en programas de intercambio internacionais. O nível de participación dos homes (20,8%) é levemente superior ao das mulleres (18,8%). Igualmente, as titulacións da rama de arte e humanidades son as que máis participaron (41,3%) contra a xurídico-social (13,9%), ciencias (16,8%) e tecnolóxica (23,5%).

4. Formación complementaria

Unha vez finalizados os estudos universitarios, o 80,9% preocupáronse de realizar algún tipo de formación complementar, mormente mestrados (50,8%), cursos de especialización (21,4%), formación continuada para traballadores (14,4%) ou outra titulación universitaria (11,1%).

Os motivos principais para iniciar estes estudos son o interese para prepararse para outros traballos (mellora da empregabilidade, 49,8%) e a ampliación de coñecementos, independentemente de aspectos laborais (21,6%).

No 60,0% dos casos, esta formación está ligada a contidos específicos da titulación estudada, 48,6% á aprendizaxe de idiomas e 26,8% á informática.

5. Situación laboral das persoas tituladas

A porcentaxe de persoas tituladas que manifestaron traballar no momento da realización da enquisa é do 73,6%, sendo a taxa dos homes (79,6%) superior á das mulleres (68,6%). Dentro deste colectivo predominan os que traballan por conta allea (90,8%) contra os que o fan por conta propia (9,2%) como autónomos ou empresarios.

Entre as persoas tituladas que traballan foron identificados os seguintes colectivos: traballan e procuran emprego (13,1%), traballan e continúan a estudar (10,9%) e traballan e preparan oposicións (3,1%).

O desemprego afecta ao 22,6% dos titulados/as (26,8% de mulleres contra 17,0% de homes), cifra inferior á taxa de desemprego da poboación xeral española e galega. A proporción de titulados desempregados do ámbito das humanidades (30,4%) duplica á do tecnolóxico (14,5%).

As persoas que nen traballan nen procuran emprego dedícanse, principalmente, a preparar concursos/oposicións e/ou completar a súa formación.


6. Procura de emprego

Case un terzo dos inquiridos (32,2%) estaba a procurar emprego no momento de realizar o estudo (36,5% de mulleres contra 26,4% de homes). Esta cifra abarca tanto aos desempregados (22,6%) como aqueles que, traballando, tamén están á procura de emprego.

Un indicador interesante do éxito na procura de emprego é o tempo transcorrido desde a finalización dos estudos superiores até encontrar o primeiro traballo: o 52,4% dos titulados/as da Universidade de Vigo encontrou traballo nos tres primeiros meses após acabar a carreira. Nos seis meses esta porcentaxe ascende ao 67,8% e ao cabo dun ano, un 81,0%.

As estratexias de procura de emprego utilizadas polos titulados/as despois da graduación son moi variadas: destacan as técnicas formais (responder a anuncios de traballo, 22,2%; anotarse en bolsas de traballo, 8,8%). No entanto, tamén son utilizadas nunha proporción considerábel técnicas informais como mediante contactos persoais (19,7%) ou contactar con empresarios por iniciativa propia (15,4%).

7. Características do traballo actual

O 20,8% dos titulados/as continúa na súa primeira ocupación despois de se titular. A maior estabilidade áchase entre as persoas tituladas en titulacións das ciencias da saúde e ciencias, onde o 31,4% e 25,0%, respectivamente, está empregado na actualidade na súa primeira ocupación contra o 19,6% do xurídico-social, 20,4% do tecnolóxico e 22,1% de arte e humanidades. O 7,9% dos titulados/as xa traballaban no momento de finalizar os seus estudos.

Porén, a situación máis frecuente dos titulados/as da Universidade de Vigo (69,0%) que accederon ao mercado de traballo é teren traballado en varios empregos antes da ocupación actual (70,0% no ámbito xurídico-social, 69,2% no tecnolóxico, 66,3% en arte e humanidades, 66,0% no científico e 60,8% nas ciencias da saúde).

O 43,3% ten un contrato indefinido, mentres que un 9,3% está autoempregado. O 82,2% traballa a xornada completa.

No tocante á categoría laboral, o 64,6% son técnicos medios ou superiores, mentres que un 8,2% se ocupa na categoría de administrativos. Un 7,9% é de mandos intermedios e 3,3% directivos. Os homes directivos duplican as mulleres (7,3% contra 3,9%) e, ao contrario, as mulleres administrativas e auxiliares duplican os homes destas categorías (19,1% contra 9,2%).

Entre o primeiro emprego e o actual obsérvase neste último unha redución das categorías de menor cualificación, como administrativo, auxiliar ou operario, que pasa do 34,8% ao 21,1%, e un aumento das categorías de técnico medio e técnico superior (do 59,1% ao 64,6%).

Relativamente ao tipo de contrato, entre o primeiro emprego e o actual aumenta a estabilidade. Así, os contratos indefinidos pasan do 13,3% ao 43,3% e o deu autónomo de 2,7% a 9,3%, diminuíndo as formas eventuais de ocupación do 81,1% ao 46,3%.

Nun 76,3% dos casos, o traballo ten relación cos estudos cursados, sendo total nas titulacións pertencentes á rama das ciencias da saúde e maior no caso das ciencias (85,9%) e tecnolóxicas (79,7%) con respecto ás pertencentes ao ámbito das artes e humanidades (67,2%) e xurídico-social (72,2%). A porcentaxe de mulleres cun traballo non relacionado cos seus estudos (14,6%) é significativamente superior á dos homes (8,7%). Ligado ao anterior, un 61,7% dos graduados/as da Universidade de Vigo acha que o traballo que desenvolve é adecuado ao seu nível de estudos. Por outro lado, un 31,4% considera que o seu traballo require un nível de estudos inferior (están en situación de sobrecualificación) e un 6,9% acha que as exixencias do traballo superan á súa formación.

COMPARATIVA ENTRE OS ESTUDOS DE 2013 E 2014

Neste apartado compáranse as características das mostras dos dous estudos de seguimento de persoas tituladas levados a cabo por este equipo de investigación en 2013 e 2014 en relación ás promocións dos anos 2006/07 e 2008/09, respectivamente. Máis concretamente, foron comparadas as variábeis representativas dos resultados de ambos estudos.

Resultados expresados en %.

1. Perfil sociodemográfico das persoas tituladas

Xénero

2006/07
2008/09
Homes
35,0
40,8
Mulleres
65,0
59,2

Residencia actual fora de Galicia

2006/07
2008/09
Outra provincia española
4,2
11,2
País estranxeiro
1,7
9,7
Total
5,9
20,9

Ámbitos académicos

2006/07
2008/09
Arte e humanidades
10,6
7,9
Ciencias
10,4
6,8
Ciencias da saúde
7,6
5,9
Tecnolóxico
28,7
30,5
Xurídico-social
42,9
43,9

Duración dos estudos (en anos)

2006/07
2008/09
Total
5,38
5,04
Arte e humanidades
5,58
4,86
Ciencias
6,25
5,45
Ciencias da saúde
3,17
3,16
Tecnolóxica
6,78
6,10
Xurídico-social
4,57
4,23

2. Actividades desenvolvidas durante os anos de estudo universitarios

Realización de prácticas en empresas ou institucións

2006/07
2008/09
Total
55,5
56,8
Arte e humanidades
18,0
21,7
Ciencias
59,8
57,9
Ciencias da saúde
91,9
94,2
Tecnolóxica
41,4
46,9
Xurídico-social
67,2
70,1

Participación en programas de mobilidade internacional

2006/07
2008/09
Total
17,2
19,4
Arte e humanidades
45,9
41,3
Ciencias
14,2
16,8
Ciencias da saúde
2,3
1,9
Tecnolóxica
21,5
23,5
Xurídico-social
10,5
13,9

Realización de prácticas en empresas no estranxeiro

2006/07
2008/09
Total
8,1
8,3
Arte e humanidades
4,9
6,5
Ciencias
5,8
9,3
Ciencias da saúde
14,0
7,7
Tecnolóxica
6,6
8,2
Xurídico-social
9,3
8,7

Docencia recebida en lingua estranxeira

2006/07
2008/09
Total
32,2
35,7
Arte e humanidades
66,4
60,9
Ciencias
10,0
18,7
Ciencias da saúde
10,5
5,8
Tecnolóxica
23,6
28,7
Xurídico-social
38,9
45,2
               
Formación complementar

2006/07
2008/09
Total
72,9
80,9
Arte e humanidades
81,1
84,8
Ciencias
88,0
94,4
Ciencias da saúde
69,8
76,9
Tecnolóxica
71,3
80,0
Xurídico-social
69,6
78,0

Tipo de formación complementar

2006/07
2008/09
Mestrado universitario
48,9
50,8
Cursos de especialización
39,6
21,4
Cursos de formación continuada
28,2
14,4
Outra titulación universitaria
19,7
11,1
Estudos de doutoramento
11,3
8,2

Contidos da formación complementar

2006/07
2008/09
Contidos de informática
47,3
26,8
Contidos de idiomas
54,6
48,6
Contidos específicos da titulación
62,5
60,0
Outros contidos
21,4
31,5

Orientación para o emprego

Participación nos foros empresariais de procura de emprego


2006/07
2008/09
Total
Como asistente
33,0
36,6
Como organizador
2,4
2,8
Arte e humanidades
Como asistente
13,9
16,3
Como organizador
0,0
0,0
Ciencias
Como asistente
37,5
44,9
Como organizador
1,7
0,0
Ciencias da saúde
Como asistente
0,8
11,5
Como organizador
0,0
0,0
Tecnolóxico
Como asistente
46,2
16,0
Como organizador
5,7
6,2
Xurídico-social
Como asistente
33,0
33,5
Como organizador
1,4
0,9

3. Situación laboral

Situación de emprego

2006/07
2008/09
Traballo por conta allea
71,1
66,8
Autoemprego
5,2
6,8
Total
76,3
73,6
Homes
80,2
79,6
Mulleres
75,0
68,6
Arte e humanidades
68,0
66,3
Ciencias
70,8
66,4
Ciencias da saúde
75,6
78,8
Tecnolóxico
85,8
82,7
Xurídico-social
74,5
67,4

Situación de desemprego

2006/07
2008/09
Total
19,9
22,6
Homes
17,2
17,0
Mulleres
20,9
26,8
Arte e humanidades
23,8
30,4
Ciencias
21,7
28,0
Ciencias da saúde
23,3
21,2
Tecnolóxico
11,5
14,6
Xurídico-social
23,3
27,3

4. Procura de emprego

Persoas tituladas que procuran emprego

2006/07
2008/09
Total
27,6
32,2
Homes
24,2
26,4
Mulleres
29,0
36,5
Arte e humanidades
39,3
46,7
Ciencias
25,0
30,8
Ciencias da saúde
31,4
26,9
Tecnolóxico
16,3
22,8
Xurídico-social
32,3
38,4

Tempo de procura de emprego

2006/07
2008/09
0-3 meses
24,9
29,8
3-6 meses
16,5
17,8
6-12 meses
23,6
20,0
1-2 anos
17,5
20,4
Máis de 2 anos
14,5
12,0
Tempo medio (meses)
14,70
12,92

Técnicas de procura do primeiro emprego

2006/07
2008/09
Responder a anuncios de traballo
25,4
22,2
Contactar cun empresario/empregador pola miña conta
13,5
15,4
Colocar anuncios
0,5
0,3
Mediante unha axencia de emprego pública (INEM, outras)
3,2
2,5
Mediante unha ETT
2,9
2,7
Mediante unha empresa de selección de persoal
0,6
1,4
Mediante unha empresa de emprego privada
1,0
1,5
Preparando oposicións/concursos
5,7
4,8
Anotándose en bolsas de traballo
8,5
8,8
Pola empresa/institución onde traballou cando estudaba
4,9
4,7
Mediante contactos persoais
18,8
19,7
Contactou coa empresa/institución na que realizou as prácticas durante os estudos
5,9
5,9
Autoemprego/autónomo
1,1
2,8

5. Características do emprego actual

Relación cos estudos

2006/07
2008/09
Están relacionados
75,5
76,3
Están pouco relacionados
15,6
11,5
Non teñen ningunha relación
8,9
12,2

Sobrecualificación

2006/07
2008/09
Emprego inferior ao nível académico
29,2
31,4
Emprego adecuado ao nível académico
63,1
61,7
Emprego superior ao nível académico
7,7
6,9

Tipo de contrato

2006/07
2008/09
Indefinido
52,4
43,3
Contrato eventual
17,1
16,1
Contrato por obra/servizo
13,5
17,1
Autoemprego/autónomo
7,0
9,3
Contrato en prácticas
3,6
4,8
Bolsas ou axudas
4,9
8,3
Sen contrato
1,2
0,9
Outro
0,1
0,2

Categoría profesional

2006/07
2008/09
Técnico medio (grupo B)
29,3
27,0
Auxiliar (grupo D)
13,5
6,6
Administrativo (grupo C)
8,2
Técnico superior (grupo A)
37,0
37,6
Mando intermedio
6,3
7,9
Directivo
3,8
5,3
Operario
8,3
6,3
Outro
1,0
1,1

Tempo de permanencia no traballo

2006/07
2008/09
Un ano
28,8
44,3
1-2 anos
16,8
14,8
2-3 anos
15,6
13,7
3-4 anos
16,2
9,9
4-5 anos
12,1
3,0
5-6 anos
4,0
3,3
Máis de 6 anos
6,5
11,0
Tempo medio (meses)
34,65
27,38

6. Conclusións da comparativa entre o estudo de 2013 (anos 2006-07) e de 2014 (anos 2008-09)

Neste período incrementouse o número de titulados/as que realizaron un mestrado universitario, pasando a representar do 3,4% da poboación no ano 2013 ao 19,0% en 2014. En consecuencia, tamén se incrementou a súa presenza na mostra, pasando do 1,0% ao 18,3%. Isto é debido a que no período analizado (entre as promocións de 2006-07 e 2008-09) a Universidade de Vigo aumentou grandemente a súa oferta de mestrados, pasando o seu número de 10[1] a 76.

Se ben no estudo de 2014 apareceron por primeira vez persoas tituladas en graos[2] (1,7% da poboación), a mostra obtida (0,7%) non foi representativa abondo para podermos tirar conclusións determinantes.

As persoas tituladas nos anos 2008 e 2009 cuxa residencia actual se encontra fora de Galicia aumentou globalmente de forma notábel ao pasar do 5,9% (anos 2006 e 2007) ao 20,9%, residindo case a metade destes nun país estranxeiro.

Diminúe o tempo de duración dos estudos, pasando de 5,38 a 5,04 anos, redución que se traslada a todos os ámbitos académicos (de 5,58-4,86 no das artes e humanidades, 6,25-5,45 no científico, 3,17-3,16 no das ciencias da saúde, 6,78-6,10 no tecnolóxico e de 4,57-4,23 no xurídico-social).

A realización de prácticas en empresas ou institucións non mudou apreciabelmente (56±1%), así como a posibilidade de realizar prácticas no estranxeiro 8,2±0,1%. Por outra parte, incrementouse levemente a participación en programas de mobilidade internacional (17,2-19,4%), así como a docencia recebida nunha lingua estranxeira (32,2-35,7%).

No tocante á realización de formación complementar, o incremento é significativo, pasando do 72,9% ao 80,9%. Este aumento obsérvase nos cinco ámbitos académicos, pasando do 88,0-94,4% no científico, do 81,1-84,8% en arte e humanidades, 69,8-76,9% nas ciencias da saúde, 69,6-78,0% no xurídico-social e do 71,3-80,0% no tecnolóxico. A realización dun mestrado universitario segue a ser a principal modalidade de formación complementar (48,9-50,8%).

Non se observan grandes diferenzas globais na participación en foros empresariais de procura de emprego na calidade de asistente (33,0-36,6%) ou como organizador (2,4-2,8%).

A situación laboral de empregado (suma do traballo por conta allea e autoemprego) diminúe globalmente do 76,3% ao 73,6%. A situación de desemprego increméntase do 19,9% ao 22,6% en todos os ámbitos, salvo no das ciencias da saúde, que diminúe do 23,3% ao 21,2%.

As persoas tituladas que procuran emprego (suma de desempregados e dos ocupados que procuran emprego) aumentou globalmente do 27,6% ao 32,2% en todos os ámbitos, salvo nas ciencias da saúde, que diminuíu do 31,4-26,9%. Por outra parte, o tempo global da procura de emprego diminuíu globalmente, pasando do 14,7-12,9 meses, aínda que aumenta a proporción de persoas en procura de emprego na faixa de 0-3 meses (24,9-29,8%) e de 3-6 meses (16,5-17,8%), o que pode ser debido á unha recente incorporación ao desemprego.

As técnicas de procura do primeiro emprego non varían substancialmente nas dúas etapas analizadas (responder a anuncios de traballo, mediante contactos persoais,...).

Sobre as características do emprego actual detéctase que non existen diferenzas significativas no relativo á súa ocupación estar estar relacionada cos seus estudos (76±0,5%), diminuíndo, no entanto, os que están pouco relacionados (15,6-11,5%) e, ao contrario, aumentando os que non teñen ningunha relación (8,9-12,2%).

O tipo de contrato indefinido diminúe do 52,4-43,3%, aumentando as modalidades de contratación temporal, tais como de obras-servizos (13,5-17,1%), bolsas ou axudas (4,9-8,3%). Tamén aumenta a proporción de persoas autoempregadas, pasando do 7,0-9,3%.





[1] Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentar. R. D. 56/2005, Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente, Dirección e Planificación do Turismo, Enerxía e Sustentabilidade, Enxeñaría Matemática, Estudos de Xénero. R. D. 1393/2007, Física Aplicada, Fotónica e Tecnoloxías do Láser, Prevención de Riscos Laborais, Química Avanzada. R. D. 56/2005.

[2] Graos en Belas Artes, Dereito, Dirección e Xestión Pública e Fisioterapia.