Páxinas

xoves, 15 de decembro de 2016

MEMORIA ANO 2015 DO CONSELLO SOCIAL

A seguir reprodúcese o apartado relativo ao Observatorio de Egresados que aparece no Resumo de Actividades da Memoria do ano 2015 do Consello Social da Universidade de Vigo.

O Consello Social promove a localización e identificación dos egresados da Universidade de Vigo desde 1990, cando abriu as súas portas. Un laborioso, esixente e transcendental traballo de miles de horas que levan a cabo Luis Espada (que fora o primeiro Reitor da UVigo) e o profesor  Víctor Manuel Martínez Cacharrón. Entre os primeiros datos obtidos, o estudo anticipa que o 20% dos egresados reside fóra de Galicia e que o 95% dos que están no estranxeiro traballa en ámbitos da súa profesión, e o 9% ocupa postos directivos. En termos xerais, o 79% dos titulados acadou un emprego, o 62% como técnicos cualificados e o 20% como mandos intermedios.

Tamén son obxectivos do estudo saber se aos egresados custoulles atopar traballo, en canto tempo o conseguiron e cales foron as materias máis útiles na súa carreira. Na primeira fase do estudo foron localizados e identificados 3.000 ex-alumnos, pertencentes ás promocións de 2005 a 2010, que conforman a base inicial de datos e que deron o seu consentimento para recibir informacións da Universidade de Vigo.

Actualmente investígase nas promocións anteriores, ata 1990. En total, entre 1990 e 2005, o número de egresados dos que se busca información supera ás 43.000 persoas tituladas, ás que se tenta localizar mediante chamadas, cartas ou e-mails, marcándose como obxectivo acadar unha base de datos que acolla entre 9.000 e 10.000 egresados no prazo 2015-2017.

Este proxecto xorde co propósito de dotar á Universidade de Vigo dunha unidade responsable responsable de levar a cabo a estratexia de seguimento das persoas tituladas e de coordinar todo o relativo ao antigo alumnado.

Configúrase como un Observatorio permanente para consolidar os vínculos cos antigos alumnos a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral, coa finalidade de dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade.

Este Observatorio sería o encargado de estreitar a vinculación entre a universidade e aqueles que se forman nela. É unha necesidade que fomenta, favorece e mantén a comunicación e vinculación constante con eles, reforzando a súa pertenza á institución.

OBXECTIVOS:

Ofrecer á Universidade de Vigo información oportuna e veraz relacionada cos seus titulados a partir dun programa continuado de seguimento e actualización da información. 

Recompilar, xerar e difundir información relevante sobre o proceso de inserción profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo.

FUNCIÓNS:

Elaboración e realización de estudos e enquisas de seguimento de egresados.

Planificar e encamiñar a información institucional ao colectivo de egresados.

Crear e consolidar unha base de datos actualizada por ano de promoción con todos os titulados das diferentes titulacións da Universidade de Vigo.

Elaboración e difusión de informes de inserción laboral que permitan realizar un seguimento permanente da evolución do titulado e a súa proxección profesional.

Establecer estratexias de participación e apoiar na realización de eventos académicos, divulgativos, sociais e culturais, nosque se integren as persoas titulados coas temáticas que sexan consideradas de interese.

Dar seguimento e apoio aos egresados en todo o relativo aos campos laboral e no académico.

Articular, en coordinación cos centros, titulacións e/ou departamentos, as actividades de extensión e de formación permanente coas persoas egresadas.

Apoio e outras funcións da Vicerreitoría de Estudantes e/ou Consello Social. 
Sobre o Observatorio, o presidente do Consello Social, afirmou na súa presentación que se trata dunha achega determinante porque “enche un baleiro” que ten a universidade, e que sería especialmente útil para os alumnos actuais porque lles axudará a saber “en que, como e onde traballan os que pasaron antes polas aulas. Reflicte unha experiencia que permitirá anticipar o mundo laboral que agarda aos alumnos de hoxe”. Don Ernesto Pedrosa agradece a don Luis Espada o “valiosísimo estudo, porque é pioneiro é heroico”, e eloxia a “súa decidida e laboriosa inmersión para sacar á luz estas pezas imprescindibles para elaborar o mapa físico da eficiencia da nosa universidade”. Tras considerar, así mesmo, que é básico o contacto cos ex-alumnos “porque nos dan información para coñecer a actividade das ensinanzas que recibiron, e porque téndoos preto achegarán experiencia e recursos á universidade”.

martes, 11 de outubro de 2016

O "CORDÓN UMBILICAL" DAS PERSOAS TITULADAS DA UVIGO

O obxectivo do Observatorio de Egresados é crear unha especie de "cordón umbilical" coas persoas tituladas que queiran colaborar coa Universidade, para entre todos corrixir o que funcionou mal e potenciar o máis positivo da súa pasaxe polas aulas e para que expliquen a súa experiencia nos anos posteriores.



Fonte: FARO DE VIGO (9/10/2016)

xoves, 1 de setembro de 2016

ENQUISA ÁS ÚLTIMAS PROMOCIÓNS DA UVIGO

Desde o día 1 de setembro o Observatorio de Egresados estase a pór en contacto, através do correo postal e do correo electrónico, co antigo alumnado da Universidade de Vigo que se graduou entre os anos 2010 e 2015.



Igualmente, tamén seguiremos a contactar por vía postal coas persoas tituladas entre as promocións de 2000/01 e 2005/06.

Con esta comunicación trasladamos a última versión da enquisa de seguimento dirixida ás persoas tituladas da Universidade de Vigo. 

Como se refere na carta enviada, a participación das persoas tituladas que reciban esta comunicación é de alta importancia para identificar a especialización profesional do antigo alumnado, o que permitirá, por un lado, coñecer a súa dispoñibilidade de cooperación coa Universidade de Vigo (participación en cursos, conferencias e/ou seminarios nos que poda trasladar as súas experiencias) e, por outro, detectar as necesidades específicas de formación que tiveron para alcanzar a súa especialización profesional.


Lembramos a todas as persoas que teñan a ben participar neste estudo que o tratamento estatístico das respostas garante a absoluta confidencialidade das súas opinións. O Observatorio de Egresados comprométese a respectar o anonimato das persoas participantes e a utilizar estes datos unicamente para fins propios deste Observatorio, así como a non comunicalos a terceiros sen a súa autorización expresa. Alén diso, conforme á lei, dispón do dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a todo dato que lle afecte.


Esperamos contar coa súa colaboración!!

mércores, 27 de xullo de 2016

OS/AS EGRESADOS/AS DA UNIVERSIDADE DE VIGO CONTARÁN A SÚA EXPERIENCIA


Seguir a pista do antigo alumnado da UVIGO é un traballo de Sherlock Holmes
O primeiro Reitor da Universidade de Vigo, Luis Espada, encara a última fase da procura de egresados/as. Se nas dúas primeiras fases logrou localizar uns 3000 ex-alumnos, na actual confía duplicar esa cifra, aínda que cada vez se pon máis difícil o traballo ao transcorreren máis anos desde que os estudantes finalizaron os seus cursos. Se os localizados con anterioridade pertencían ás promocións entre os anos 2005 e 2010, agora remóntase até 1990, cando se puxo en marcha a Universidade.

A idea é crear un Observatorio para comprobar as experiencias. Os/As autores/as das máis interesantes serán convidados pola Universidade para trasladar o seu saber ao alumando dos últimos cursos nunha especie de aulas maxistrais. Tamén tratará de pólos en contacto cos departamentos respectivos que aborden a mesma materia.

O interese que pon niso non impide que recoñeza que é un proceso tedioso, de moita dedicación e constancia. «Se envían correos electrónicos o postales y muchas veces no nos contestan o nos vienen de vuelta. Entonces tenemos que seguir investigando para tratar de seguirles la pista. Es como una especie de Sherlock Holmes, hay que tener mucha paciencia», comenta.

Para que non suceda isto, doravante, a intención é que, ao finalizar os estudos, o/a alumno/a deixe toda a información posible que permita localizalo e, no caso de mudar de enderezo, o faga saber. Outra das dificuldades ven dada polo feito de os 20% dos egresados/as residiren fora de Galicia e, destes, case metade vive no estranxeiro. Dos que están fora de España, 95% traballa nalgún ámbito relacionado coa profesión. «Uno de los objetivos del estudio es conocer qué materias son las más interesantes y cuáles se deberían de impulsar. El contacto es muy importante porque se aprenden muchas cosas, incluso para saber qué asignatura es más o menos importante en los planes de estudio», indica o primeiro reitor. Tamén é interesante para saber se aos egresados/as lles custou encontrar traballo e en caso de estaren desempregados, por que motivos.

O estudo elaborado por Luis Espada e Víctor M. Martínez Cacharrón sobre as promocións de 2005 a 2010 desvelou que 79% dos titulados/as conseguira emprego.

Dentro do 10% que traballa no estranxeiro, o Reino Unido era o país con máis titulados/as da UVIGO. Logo a seguir está Alemaña e, a máis distancia, encontrábanse a Francia, Portugal, Brasil, México, Estados Unidos, Irlanda e Noruega. Tamén había ex-alumnos/as na Illa de Reunión, Catar e Barbados. De feito, países como Catar ou Emirados Árabes resultan cada vez máis atractivos polas facilidades que ofrecen aos especialistas e os soldos elevados.

A maioría dos egresados/as que desenvolven a actividade no estranxeiro fanno na súa especialidade e 9% ocupa cargos directivos, o duplo de homes que de mulleres. Só o 8% ten traballo non cualificado e, neste caso, dominan as mulleres. A maior cantidade de ex-universitarios/as vigueses, en concreto os 62%, están empregados como técnicos/as cualificados/as, mentres que os 20% fanno como mando intermedio.

Fonte: LA VOZ DE GALICIA (17/4/2016)

domingo, 3 de xullo de 2016

"OS EGRESADOS TAMÉN QUEREN MANTER CONTACTO COA UNIVERSIDADE"

Baixo o titular "El consejo de sabios universitario" sobre o Profesorado Emérito da Universidade de Vigo, a prensa local de Vigo recolle unha información sobre os traballos de posta en contacto co antigo alumnado que estamos a realizar desde o Observatorio de Egresados de forma continuada desde o mes de maio en que lanzamos esta inciativa.

Luis Espada (esq.) xunto os profesores Camiño Noia e Pedro Merino. FOTO: M. Canosa
A seguir reproducimos a parte do artigo referida a esta iniciativa:

[...] También disponen de un conocimiento profundo de la institución como el que atesora su primer rector, Luis Espada. Además de dirigir proyectos fin de carrera ha coordinado tres estudios sobre inserción laboral de los antiguos alumnos y actualmente está inmerso en la puesta en marcha del Observatorio de Egresados tras contactar en 40 países con todas las promociones forjadas durante los 25 primeros años de la Universidad de Vigo.

"Era un cordón umbilical que teníamos roto. En el 95 publiqué un libro sobre el nacimiento de la institución y ahora cierro un ciclo contando dónde están los alumnos. Estoy dedicado a esta faceta en cuerpo y alma y muy ilusionado. Ellos también quieren mantener contacto con la Universidad", destaca.

Espada, que ha firmado a mano las 42.000 cartas enviadas a estudiantes cuando no se disponía de correo electrónico, también agradece la labor del personal de Administración y Servicios: "Estoy orgulloso, han colaborado muchísimo".

O Observatorio de Egresados é unha unidade posta en marcha coa colaboración do Consello Social e da Vicerreitoría de Estudantes da Universidade de Vigo co fin levar a cabo a estratexia de seguimento das persoas tituladas por esta Universidade. Está configurado como un Observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo alumnado a partir do estudo das súas traxectorias profesionais e situación laboral a fin de dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade.

Fonte: FARO DE VIGO


luns, 20 de xuño de 2016

PROSEGUE A ENQUISA A MÁIS PROMOCIÓNS DE ANTIGO ALUMNADO

Como se indicou no post anterior, o Observatorio de Egresados da Universidade de Vigo, iniciativa do Consello Social e da Vicerreitoría de Estudantes, está a contactar co antigo alumnado a fin de obter informacións sobre a súa experiencia profesional e modo de contacto. 

Así sendo, durante o pasado mes de maio establecemos contacto, através do correo electrónico e postal, coas persoas tituladas nas promocións comprendidas entre 1990 e 1995.

Durante este mes de xuño estamos a contactar coas persoas egresadas entre os anos 1995 e 2000. Como se trata de casos de persoas que finalizaron os seus estudos nunha altura en que o grao de desenvolvemento das novas tecnoloxías da comunicación e da información non era o da actualidade, o modo de contacto maioritario é a partir do correo postal, sendo moi baixa a proporción de antigo alumnado da que se posúe o seu correo electrónico de contacto actualizado. A partir do mes de xullo estableceremos contacto coas persoas tituladas entre os anos 2000 e 2005.

Esta investigación ten varios obxectivos:

- Identificar a especialización profesional do antigo alumnado da UVIGO.

- Coñecer a dispoñibilidade das persoas tituladas para cooperar coa Universidade de Vigo na participación en cursos, conferencias e/ou seminarios nos que poda trasladar as súas experiencias.

- Detectar as necesidades específicas de especialización profesional que tiveron despois de realizar os seus estudos, de maneira que con este feedback a Universidade de Vigo conte cunha información valiosa para mellorar a súa oferta académica e planos de estudo.

- Dotar á Universidade de Vigo dun Censo Actualizado do antigo alumnado con indicación da súa especialización profesional.

Finalmente, esta ferramenta permitirá que a UVIGO poda contactar coas persoas tituladas para trasladar informacións sobre as actividades universitarias que podan resultar do seu interese.

Por iso, é de grande importancia a súa participación e, moi especialmente, que as persoas que desexen responder á enquisa proposta polo Observatorio de Egresados cumprimenten os apartados do cuestionario relativos aos datos de contacto.

Esperamos contar coa súa colaboración!!


luns, 2 de maio de 2016

ENQUISA ÁS PRIMEIRAS PROMOCIÓNS DA UVIGO

A partir do 3 de maio o Observatorio de Egresados vaise pór en contacto, através do correo postal e do correo electrónico, co antigo alumnado da Universidade de Vigo que se graduou entre os anos 1990 e 1995.

Con esta comunicación, trasládase a última versión da enquisa de seguimento de persoas tituladas da Universidade de Vigo. 

Como se refere na carta enviada, a participación das persoas tituladas que reciban esta comunicación é de alta importancia para identificar a especialización profesional do antigo alumnado, o que permitirá, por un lado, coñecer a súa dispoñibilidade de cooperación coa Universidade de Vigo e, por outro, detectar as necesidades específicas que tiveron de especialización profesional.

Esperamos contar coa súa colaboración!!