Desde o día 1 de setembro o Observatorio de Egresados estase a pór en contacto, através do correo postal e do correo electrónico, co antigo alumnado da Universidade de Vigo que se graduou entre os anos 2010 e 2015.
Igualmente, tamén seguiremos a contactar por vía postal coas persoas tituladas entre as promocións de 2000/01 e 2005/06.
Igualmente, tamén seguiremos a contactar por vía postal coas persoas tituladas entre as promocións de 2000/01 e 2005/06.
Con esta comunicación trasladamos a última versión da enquisa de seguimento dirixida ás persoas tituladas da Universidade de Vigo.
Como se refere na carta enviada, a participación das persoas tituladas que reciban esta comunicación é de alta importancia para identificar a especialización profesional do antigo alumnado, o que permitirá, por un lado, coñecer a súa dispoñibilidade de cooperación coa Universidade de Vigo (participación en cursos, conferencias e/ou seminarios nos que poda trasladar as súas experiencias) e, por outro, detectar as necesidades específicas de formación que tiveron para alcanzar a súa especialización profesional.
Lembramos a todas as persoas que teñan a ben participar neste estudo que o tratamento estatístico das respostas garante a absoluta confidencialidade das súas opinións. O Observatorio de Egresados comprométese a respectar o anonimato das persoas participantes e a utilizar estes datos unicamente para fins propios deste Observatorio, así como a non comunicalos a terceiros sen a súa autorización expresa. Alén diso, conforme á lei, dispón do dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a todo dato que lle afecte.

Esperamos contar coa súa colaboración!!