Estudo sobre a experiencia académica e profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo
Promocións de 2008 e 2009
Luis Espada Recarey
Víctor Manuel Martínez Cacharrón
INTRODUCIÓN
Promocións de 2008 e 2009
Luis Espada Recarey
Víctor Manuel Martínez Cacharrón
Clique AQUÍ para acceder ao estudo completo
INTRODUCIÓN
O ano pasado os autores deste estudo,
co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, realizaron un estudo sobre
a inserción profesional e a experiencia académica das persoas tituladas da
Universidade de Vigo. O interese daquel primeiro estudo centrouse na necesidade
de coñecermos a realidade das traxectorias profesionais das persoas tituladas
universitarias nun contexto marcado pola situación de crise económica e que se
remontaba a dous anos de graduación (2006 e 2007) caracterizados por una etapa
de máximo crecemento económico e de mínimos índices de desemprego.
Como se referiu naquela edición, o
feito de centrar o estudo despois de transcorridos seis e cinco anos do momento
da graduación, estaba motivado en que, transcorrido ese tempo, as persoas
tituladas posúen unha perspectiva suficiente tanto sobre a súa experiencia
académica como das súas posibilidades no mercado de traballo.
Tendo en conta esta hipótese, o
traballo que se presenta céntrase na experiencia académica e profesional
das promocións dos anos 2008 e 2009. No período que separa estes dous estudos a
realidade que envolve á Universidade de Vigo, así como o resto das
universidades galegas e do Estado, profundou aínda máis o contexto de crise
económico-laboral circundante e, do punto de vista desta institución,
intensificouse o proceso de converxencia europea, contando algúns centros con
titulacións adaptadas ao espazo europeo de educación superior (EEES) e con
procesos de calidade implementados.
ESTRUTURA
En primeiro lugar, tanto a introdución como
as razóns para a realización deste estudo do limiar xustifican a necesidade da
nova edición deste estudo.
O apartado “Obxectivos do estudo” indica
os obxectivos da enquisa realizada. A seguir, o punto “Características técnicas
do estudo” contén informacións sobre a metodoloxía operativa implementada neste
traballo, que inclúe o procedemento seguido, a descrición da poboación e a
elaboración da mostra.
O seguinte apartado inclúe os
Resultados da enquisa mediante unha grande cantidade de cadros e comentarios
nos que se realiza unha análise pormenorizada das respostas en función de
variábeis como xénero, ámbito académico, campus (se proceder) e, nalgúns casos,
titulación.
No seguinte apartado é realizada unha
comparativa mediante contrastes estatísticos dos principais resultados deste
estudo co anterior a fin de detectar as mudanzas e/ou consistencias no tempo.
Finalmente, o último apartado recolle
as principais conclusións que se poden tirar deste estudo.
OBXECTIVOS
Como este estudo pretende ser unha
extensión ás promocións de 2008 e 2009 da enquisa de seguimento a persoas
tituladas realizada en 2012/13 ás promocións de 2006 e 2007, formuláronse os
mesmos obxectivos xerais e específicos que naquel momento.
Máis concretamente:
- Obter informacións das persoas
tituladas da Universidade de Vigo naqueles aspectos relacionados coa súa
experiencia académica e a súa inserción profesional.
- Analizar a relación existente entre
as exixencias do mercado de traballo e a formación recebida.
- Proporcionar informacións relevantes
á Universidade de Vigo sobre a empregabilidade dos universitarios e as súas
necesidades.
- Proporcionar informacións relevantes
á Universidade de Vigo para esta dotarse dunha unidade de seguimento de persoas
tituladas.
FICHA TÉCNICA
-
Ámbito: Universidade de Vigo.
-
Poboación: persoas tituladas que
finalizaron os seus estudos universitarios na Universidade de Vigo e obtiveron
o título nos anos 2008 e 2009.
-
Mostra recollida: 1.203 cuestionarios.
-
Estratificación: na hora de realizar a
análise tivéronse en conta as seguintes variábeis de segmentación:
o
Xénero
o
Campus
o
Ámbitos académicos.
-
Procedemento: envío por correo
electrónico e postal.
-
Erro: para un nível de confianza de
95%, e p=q, o erro real é de ±2,610 % para o conxunto da mostra e no
suposto de mostraxe aleatoria simple.
-
Datas de realización: de maio de 2013 a febreiro de
2014.
ANÁLISE DOS RESULTADOS DA ENQUISA
1. Perfil sociodemográfico
O 59,2% da mostra está formada por
mulleres. A presenza feminina é maioritaria nas titulacións das ramas de
ciencias da saúde (89,6%), de arte e humanidades (78,7%), xurídico-social (75,6%)
e ciencias (69,2%), mentres que na rama tecnolóxica hai máis homes (69,9%).
Por campus, a mostra obtida distribúese
do seguinte modo: Vigo (64,4%), Ourense (20,6%) e Pontevedra (15,0%). Máis de
dous terzos das persoas tituladas dos campus de Ourense e Pontevedra son
mulleres (67,6% ambos), alcanzando o 52,8% no de Vigo.
O 95,3% das persoas tituladas residían
en Galicia durante a realización dos seus estudos, 3,5% noutros territorios do
Estado e 1,2% en países estranxeiros.
O 79,1% dos titulados/as residen,
actualmente, en Galicia. O 20,9% faino fora de Galicia, dos cales o 11,2% o fai
noutro territorio do Estado e o 9,7% nun país estranxeiro. Entre os países de
destino destacan Alemaña (16,5%), Francia (14,8%), Reino Unido (11,3%),
Portugal (10,4%) e Países Baixos (5,2%).
De media, os titulados/as demoraron 5,04
anos en finalizar os seus estudos universitarios, aínda que hai que ter en
conta as diferenzas existentes entre titulacións de primeiro e segundo ciclo. O
estudantado das diplomaturas da rama de ciencias da saúde acabou, de media, en
3,16 anos. No resto de estudos, os titulados/as finalizaron nun período que vai
entre 6,10 anos da rama tecnolóxica, a 5,45 anos da científica, 4,86 anos de
arte e humanidades e 4,23 anos da xurídico-social. As mulleres (4,60 anos)
finalizan os estudos en menos tempo que os homes (5,72 anos)
2. Actividades durante os anos de
estudo universitarios
Unha maioría
(56,8%) realizou prácticas en empresas e/ou institucións, porcentaxe que
alcanza o 8,3% no caso de empresas situadas no estranxeiro. Até o 19,4%
participaron en programas de mobilidade internacional.
Foi analizado o nível de competencias
lingüísticas dos titulados/as no momento actual. A avaliación dos coñecementos
da lingua galega, nunha escala de 1 a 5,
é de 4,16. Detectouse que o nível de coñecementos do galego entre os titulados/as
das ciencias da saúde e científico é menor que no resto de ramas de ensino.
Isto está ligado ao feito de seren as titulacións con maior proporción de
estudantado doutras comunidades autónomas.
Até un 35,7% recebeu docencia dalgunha
materia nunha lingua estranxeira, sendo superior esta porcentaxe no ámbito das
artes e humanidades (60,9%) e xurídico-social (45,2%) que no das ciencias da
saúde (5,8%).
No tocante ás linguas comunitarias, os
coñecementos de inglés foron autoavaliados cun 3,38 (escala de 1 a 5), mostrando
maiores coñecementos desta lingua as titulacións da rama de ciencias, arte e humanidades
e tecnolóxica, mentres que as ciencias da saúde e xurídico-social mostran o nível
máis baixo. Os titulados/as mostran tamén coñecementos en menor medida doutras linguas
como o francés (1,95) e alemán (1,39). En xeral, as mulleres mostran máis
coñecementos do francés e os homes de alemán, así como as titulacións de
humanidades a respecto destas linguas.
3. Actividades de experiencia
preprofesional
Con respecto ás actividades conducentes
á adquisición de experiencia práctica durante os estudos, o 56,8% das persoas tituladas
entrevistadas realizaron prácticas preprofesionais. Os titulados das ciencias
da saúde (94,2%), xurídico-social (70,1%) e ciencias (57,9%) foron os que en
maior medida realizaron este tipo de prácticas contra o 46,9% da rama
tecnolóxica e 21,7% da de arte e humanidades. Cabe referir que a elevada
proporción de realización de prácticas responde ao seu carácter obrigatorio na
carreira (nomeadamente en enfermaría ou maxiterio).
Outro complemento fundamental na
formación regrada é a participación en programas de mobilidade internacional.
Por volta dun 19,4% dos graduados participaron en programas de intercambio
internacionais. O nível de participación dos homes (20,8%) é levemente superior
ao das mulleres (18,8%). Igualmente, as titulacións da rama de arte e
humanidades son as que máis participaron (41,3%) contra a xurídico-social
(13,9%), ciencias (16,8%) e tecnolóxica (23,5%).
4. Formación complementaria
Unha vez finalizados os estudos
universitarios, o 80,9% preocupáronse de realizar algún tipo de formación
complementar, mormente mestrados (50,8%), cursos de especialización (21,4%),
formación continuada para traballadores (14,4%) ou outra titulación universitaria
(11,1%).
Os motivos principais para iniciar
estes estudos son o interese para prepararse para outros traballos (mellora da
empregabilidade, 49,8%) e a ampliación de coñecementos, independentemente de
aspectos laborais (21,6%).
No 60,0% dos casos, esta formación está
ligada a contidos específicos da titulación estudada, 48,6% á aprendizaxe de
idiomas e 26,8% á informática.
5. Situación laboral das persoas
tituladas
A porcentaxe de persoas tituladas que
manifestaron traballar no momento da realización da enquisa é do 73,6%, sendo a
taxa dos homes (79,6%) superior á das mulleres (68,6%). Dentro deste colectivo
predominan os que traballan por conta allea (90,8%) contra os que o fan por
conta propia (9,2%) como autónomos ou empresarios.
Entre as persoas tituladas que
traballan foron identificados os seguintes colectivos: traballan e procuran
emprego (13,1%), traballan e continúan a estudar (10,9%) e traballan e preparan
oposicións (3,1%).
O desemprego afecta ao 22,6% dos
titulados/as (26,8% de mulleres contra 17,0% de homes), cifra inferior á taxa
de desemprego da poboación xeral española e galega. A proporción de titulados
desempregados do ámbito das humanidades (30,4%) duplica á do tecnolóxico
(14,5%).
As persoas que nen traballan nen
procuran emprego dedícanse, principalmente, a preparar concursos/oposicións
e/ou completar a súa formación.
6. Procura de emprego
Case un terzo dos inquiridos (32,2%)
estaba a procurar emprego no momento de realizar o estudo (36,5% de mulleres
contra 26,4% de homes). Esta cifra abarca tanto aos desempregados (22,6%) como
aqueles que, traballando, tamén están á procura de emprego.
Un indicador interesante do éxito na
procura de emprego é o tempo transcorrido desde a finalización dos estudos
superiores até encontrar o primeiro traballo: o 52,4% dos titulados/as da
Universidade de Vigo encontrou traballo nos tres primeiros meses após acabar a
carreira. Nos seis meses esta porcentaxe ascende ao 67,8% e ao cabo dun ano, un
81,0%.
As estratexias de procura de emprego
utilizadas polos titulados/as despois da graduación son moi variadas: destacan
as técnicas formais (responder a anuncios de traballo, 22,2%; anotarse en
bolsas de traballo, 8,8%). No entanto, tamén son utilizadas nunha proporción
considerábel técnicas informais como mediante contactos persoais (19,7%) ou
contactar con empresarios por iniciativa propia (15,4%).
7. Características do traballo actual
O 20,8% dos titulados/as continúa na
súa primeira ocupación despois de se titular. A maior estabilidade áchase entre
as persoas tituladas en titulacións das ciencias da saúde e ciencias, onde o
31,4% e 25,0%, respectivamente, está empregado na actualidade na súa primeira
ocupación contra o 19,6% do xurídico-social, 20,4% do tecnolóxico e 22,1% de
arte e humanidades. O 7,9% dos titulados/as xa traballaban no momento de
finalizar os seus estudos.
Porén, a situación máis frecuente dos
titulados/as da Universidade de Vigo (69,0%) que accederon ao mercado de
traballo é teren traballado en varios empregos antes da ocupación actual (70,0%
no ámbito xurídico-social, 69,2% no tecnolóxico, 66,3% en arte e humanidades,
66,0% no científico e 60,8% nas ciencias da saúde).
O 43,3% ten un contrato indefinido,
mentres que un 9,3% está autoempregado. O 82,2% traballa a xornada completa.
No tocante á categoría laboral, o 64,6%
son técnicos medios ou superiores, mentres que un 8,2% se ocupa na categoría de
administrativos. Un 7,9% é de mandos intermedios e 3,3% directivos. Os homes
directivos duplican as mulleres (7,3% contra 3,9%) e, ao contrario, as mulleres
administrativas e auxiliares duplican os homes destas categorías (19,1% contra
9,2%).
Entre o primeiro emprego e o actual
obsérvase neste último unha redución das categorías de menor cualificación,
como administrativo, auxiliar ou operario, que pasa do 34,8% ao 21,1%, e un
aumento das categorías de técnico medio e técnico superior (do 59,1% ao 64,6%).
Relativamente ao tipo de contrato,
entre o primeiro emprego e o actual aumenta a estabilidade. Así, os contratos
indefinidos pasan do 13,3% ao 43,3% e o deu autónomo de 2,7% a 9,3%, diminuíndo
as formas eventuais de ocupación do 81,1% ao 46,3%.
Nun 76,3% dos casos, o traballo ten
relación cos estudos cursados, sendo total nas titulacións pertencentes á rama
das ciencias da saúde e maior no caso das ciencias (85,9%) e tecnolóxicas (79,7%)
con respecto ás pertencentes ao ámbito das artes e humanidades (67,2%) e
xurídico-social (72,2%). A porcentaxe de mulleres cun traballo non relacionado
cos seus estudos (14,6%) é significativamente superior á dos homes (8,7%).
Ligado ao anterior, un 61,7% dos graduados/as da Universidade de Vigo acha que
o traballo que desenvolve é adecuado ao seu nível de estudos. Por outro lado,
un 31,4% considera que o seu traballo require un nível de estudos inferior (están
en situación de sobrecualificación) e un 6,9% acha que as exixencias do
traballo superan á súa formación.
COMPARATIVA ENTRE OS
ESTUDOS DE 2013 E 2014
Neste
apartado compáranse as características das mostras dos dous estudos de
seguimento de persoas tituladas levados a cabo por este equipo de investigación
en 2013 e 2014 en relación ás promocións dos anos 2006/07 e 2008/09,
respectivamente. Máis concretamente, foron comparadas as variábeis
representativas dos resultados de ambos estudos.
Resultados
expresados en %.
1. Perfil sociodemográfico
das persoas tituladas
Xénero
2006/07
|
2008/09
|
|
Homes
|
35,0
|
40,8
|
Mulleres
|
65,0
|
59,2
|
Residencia actual fora de Galicia
2006/07
|
2008/09
|
|
Outra provincia española
|
4,2
|
11,2
|
País estranxeiro
|
1,7
|
9,7
|
Total
|
5,9
|
20,9
|
Ámbitos académicos
2006/07
|
2008/09
|
|
Arte e humanidades
|
10,6
|
7,9
|
Ciencias
|
10,4
|
6,8
|
Ciencias da saúde
|
7,6
|
5,9
|
Tecnolóxico
|
28,7
|
30,5
|
Xurídico-social
|
42,9
|
43,9
|
Duración dos estudos (en anos)
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
5,38
|
5,04
|
Arte e humanidades
|
5,58
|
4,86
|
Ciencias
|
6,25
|
5,45
|
Ciencias da saúde
|
3,17
|
3,16
|
Tecnolóxica
|
6,78
|
6,10
|
Xurídico-social
|
4,57
|
4,23
|
2. Actividades desenvolvidas durante os anos de estudo
universitarios
Realización de prácticas en empresas ou
institucións
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
55,5
|
56,8
|
Arte e humanidades
|
18,0
|
21,7
|
Ciencias
|
59,8
|
57,9
|
Ciencias da saúde
|
91,9
|
94,2
|
Tecnolóxica
|
41,4
|
46,9
|
Xurídico-social
|
67,2
|
70,1
|
Participación
en programas de mobilidade internacional
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
17,2
|
19,4
|
Arte e humanidades
|
45,9
|
41,3
|
Ciencias
|
14,2
|
16,8
|
Ciencias da saúde
|
2,3
|
1,9
|
Tecnolóxica
|
21,5
|
23,5
|
Xurídico-social
|
10,5
|
13,9
|
Realización
de prácticas en empresas no estranxeiro
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
8,1
|
8,3
|
Arte e humanidades
|
4,9
|
6,5
|
Ciencias
|
5,8
|
9,3
|
Ciencias da saúde
|
14,0
|
7,7
|
Tecnolóxica
|
6,6
|
8,2
|
Xurídico-social
|
9,3
|
8,7
|
Docencia
recebida en lingua estranxeira
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
32,2
|
35,7
|
Arte e humanidades
|
66,4
|
60,9
|
Ciencias
|
10,0
|
18,7
|
Ciencias da saúde
|
10,5
|
5,8
|
Tecnolóxica
|
23,6
|
28,7
|
Xurídico-social
|
38,9
|
45,2
|
Formación
complementar
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
72,9
|
80,9
|
Arte e humanidades
|
81,1
|
84,8
|
Ciencias
|
88,0
|
94,4
|
Ciencias da saúde
|
69,8
|
76,9
|
Tecnolóxica
|
71,3
|
80,0
|
Xurídico-social
|
69,6
|
78,0
|
Tipo
de formación complementar
2006/07
|
2008/09
|
|
Mestrado universitario
|
48,9
|
50,8
|
Cursos de especialización
|
39,6
|
21,4
|
Cursos de formación continuada
|
28,2
|
14,4
|
Outra titulación universitaria
|
19,7
|
11,1
|
Estudos de doutoramento
|
11,3
|
8,2
|
Contidos
da formación complementar
2006/07
|
2008/09
|
|
Contidos de informática
|
47,3
|
26,8
|
Contidos de idiomas
|
54,6
|
48,6
|
Contidos específicos da titulación
|
62,5
|
60,0
|
Outros contidos
|
21,4
|
31,5
|
Orientación
para o emprego
Participación
nos foros empresariais de procura de emprego
2006/07
|
2008/09
|
||
Total
|
Como asistente
|
33,0
|
36,6
|
Como organizador
|
2,4
|
2,8
|
|
Arte e humanidades
|
Como asistente
|
13,9
|
16,3
|
Como organizador
|
0,0
|
0,0
|
|
Ciencias
|
Como asistente
|
37,5
|
44,9
|
Como organizador
|
1,7
|
0,0
|
|
Ciencias da saúde
|
Como asistente
|
0,8
|
11,5
|
Como organizador
|
0,0
|
0,0
|
|
Tecnolóxico
|
Como asistente
|
46,2
|
16,0
|
Como organizador
|
5,7
|
6,2
|
|
Xurídico-social
|
Como asistente
|
33,0
|
33,5
|
Como organizador
|
1,4
|
0,9
|
3. Situación laboral
Situación
de emprego
2006/07
|
2008/09
|
|
Traballo por conta allea
|
71,1
|
66,8
|
Autoemprego
|
5,2
|
6,8
|
Total
|
76,3
|
73,6
|
Homes
|
80,2
|
79,6
|
Mulleres
|
75,0
|
68,6
|
Arte e humanidades
|
68,0
|
66,3
|
Ciencias
|
70,8
|
66,4
|
Ciencias da saúde
|
75,6
|
78,8
|
Tecnolóxico
|
85,8
|
82,7
|
Xurídico-social
|
74,5
|
67,4
|
Situación
de desemprego
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
19,9
|
22,6
|
Homes
|
17,2
|
17,0
|
Mulleres
|
20,9
|
26,8
|
Arte e humanidades
|
23,8
|
30,4
|
Ciencias
|
21,7
|
28,0
|
Ciencias da saúde
|
23,3
|
21,2
|
Tecnolóxico
|
11,5
|
14,6
|
Xurídico-social
|
23,3
|
27,3
|
4. Procura de emprego
Persoas
tituladas que procuran emprego
2006/07
|
2008/09
|
|
Total
|
27,6
|
32,2
|
Homes
|
24,2
|
26,4
|
Mulleres
|
29,0
|
36,5
|
Arte e humanidades
|
39,3
|
46,7
|
Ciencias
|
25,0
|
30,8
|
Ciencias da saúde
|
31,4
|
26,9
|
Tecnolóxico
|
16,3
|
22,8
|
Xurídico-social
|
32,3
|
38,4
|
Tempo
de procura de emprego
2006/07
|
2008/09
|
|
0-3 meses
|
24,9
|
29,8
|
3-6 meses
|
16,5
|
17,8
|
6-12 meses
|
23,6
|
20,0
|
1-2 anos
|
17,5
|
20,4
|
Máis de 2 anos
|
14,5
|
12,0
|
Tempo medio (meses)
|
14,70
|
12,92
|
Técnicas
de procura do primeiro emprego
2006/07
|
2008/09
|
|
Responder a anuncios de
traballo
|
25,4
|
22,2
|
Contactar cun
empresario/empregador pola miña conta
|
13,5
|
15,4
|
Colocar anuncios
|
0,5
|
0,3
|
Mediante unha axencia de
emprego pública (INEM, outras)
|
3,2
|
2,5
|
Mediante unha ETT
|
2,9
|
2,7
|
Mediante unha empresa de
selección de persoal
|
0,6
|
1,4
|
Mediante unha empresa de
emprego privada
|
1,0
|
1,5
|
Preparando
oposicións/concursos
|
5,7
|
4,8
|
Anotándose en bolsas de
traballo
|
8,5
|
8,8
|
Pola empresa/institución onde
traballou cando estudaba
|
4,9
|
4,7
|
Mediante contactos persoais
|
18,8
|
19,7
|
Contactou coa
empresa/institución na que realizou as prácticas durante os estudos
|
5,9
|
5,9
|
Autoemprego/autónomo
|
1,1
|
2,8
|
5. Características do
emprego actual
Relación
cos estudos
2006/07
|
2008/09
|
|
Están relacionados
|
75,5
|
76,3
|
Están pouco relacionados
|
15,6
|
11,5
|
Non teñen ningunha relación
|
8,9
|
12,2
|
Sobrecualificación
2006/07
|
2008/09
|
|
Emprego inferior ao nível académico
|
29,2
|
31,4
|
Emprego adecuado ao nível académico
|
63,1
|
61,7
|
Emprego superior ao nível académico
|
7,7
|
6,9
|
Tipo de contrato
2006/07
|
2008/09
|
|
Indefinido
|
52,4
|
43,3
|
Contrato eventual
|
17,1
|
16,1
|
Contrato por obra/servizo
|
13,5
|
17,1
|
Autoemprego/autónomo
|
7,0
|
9,3
|
Contrato en prácticas
|
3,6
|
4,8
|
Bolsas ou axudas
|
4,9
|
8,3
|
Sen contrato
|
1,2
|
0,9
|
Outro
|
0,1
|
0,2
|
Categoría profesional
2006/07
|
2008/09
|
|
Técnico medio (grupo B)
|
29,3
|
27,0
|
Auxiliar (grupo D)
|
13,5
|
6,6
|
Administrativo (grupo C)
|
8,2
|
|
Técnico superior (grupo A)
|
37,0
|
37,6
|
Mando intermedio
|
6,3
|
7,9
|
Directivo
|
3,8
|
5,3
|
Operario
|
8,3
|
6,3
|
Outro
|
1,0
|
1,1
|
Tempo de permanencia no traballo
2006/07
|
2008/09
|
|
Un ano
|
28,8
|
44,3
|
1-2 anos
|
16,8
|
14,8
|
2-3 anos
|
15,6
|
13,7
|
3-4 anos
|
16,2
|
9,9
|
4-5 anos
|
12,1
|
3,0
|
5-6 anos
|
4,0
|
3,3
|
Máis de 6 anos
|
6,5
|
11,0
|
Tempo medio (meses)
|
34,65
|
27,38
|
6. Conclusións da comparativa entre o estudo de 2013 (anos
2006-07) e de 2014 (anos 2008-09)
Neste período incrementouse o número de
titulados/as que realizaron un mestrado universitario, pasando a representar do
3,4% da poboación no ano 2013 ao 19,0% en 2014. En consecuencia, tamén se
incrementou a súa presenza na mostra, pasando do 1,0% ao 18,3%. Isto é debido a
que no período analizado (entre as promocións de 2006-07 e 2008-09) a
Universidade de Vigo aumentou grandemente a súa oferta de mestrados, pasando o
seu número de 10[1] a 76.
Se ben no estudo de 2014 apareceron por
primeira vez persoas tituladas en graos[2] (1,7% da poboación), a
mostra obtida (0,7%) non foi representativa abondo para podermos tirar
conclusións determinantes.
As persoas tituladas nos anos 2008 e
2009 cuxa residencia actual se encontra fora de Galicia aumentou globalmente de
forma notábel ao pasar do 5,9% (anos 2006 e 2007) ao 20,9%, residindo case a
metade destes nun país estranxeiro.
Diminúe o tempo de duración dos
estudos, pasando de 5,38 a 5,04 anos, redución que se traslada a todos os
ámbitos académicos (de 5,58-4,86 no das artes e humanidades, 6,25-5,45 no
científico, 3,17-3,16 no das ciencias da saúde, 6,78-6,10 no tecnolóxico e de
4,57-4,23 no xurídico-social).
A realización de prácticas en empresas
ou institucións non mudou apreciabelmente (56±1%), así como a posibilidade de realizar prácticas no estranxeiro
8,2±0,1%. Por
outra parte, incrementouse levemente a participación en programas de mobilidade
internacional (17,2-19,4%), así como a docencia recebida nunha lingua
estranxeira (32,2-35,7%).
No tocante á realización de formación
complementar, o incremento é significativo, pasando do 72,9% ao 80,9%. Este
aumento obsérvase nos cinco ámbitos académicos, pasando do 88,0-94,4% no
científico, do 81,1-84,8% en arte e humanidades, 69,8-76,9% nas ciencias da
saúde, 69,6-78,0% no xurídico-social e do 71,3-80,0% no tecnolóxico. A
realización dun mestrado universitario segue a ser a principal modalidade de
formación complementar (48,9-50,8%).
Non se observan grandes diferenzas
globais na participación en foros empresariais de procura de emprego na
calidade de asistente (33,0-36,6%) ou como organizador (2,4-2,8%).
A situación laboral de empregado (suma
do traballo por conta allea e autoemprego) diminúe globalmente do 76,3% ao
73,6%. A situación de desemprego increméntase do 19,9% ao 22,6% en todos os
ámbitos, salvo no das ciencias da saúde, que diminúe do 23,3% ao 21,2%.
As persoas tituladas que procuran
emprego (suma de desempregados e dos ocupados que procuran emprego) aumentou
globalmente do 27,6% ao 32,2% en todos os ámbitos, salvo nas ciencias da saúde,
que diminuíu do 31,4-26,9%. Por outra parte, o tempo global da procura de
emprego diminuíu globalmente, pasando do 14,7-12,9 meses, aínda que aumenta a
proporción de persoas en procura de emprego na faixa de 0-3 meses (24,9-29,8%)
e de 3-6 meses (16,5-17,8%), o que pode ser debido á unha recente incorporación
ao desemprego.
As técnicas de procura do primeiro
emprego non varían substancialmente nas dúas etapas analizadas (responder a
anuncios de traballo, mediante contactos persoais,...).
Sobre as características do emprego
actual detéctase que non existen diferenzas significativas no relativo á súa
ocupación estar estar relacionada cos seus estudos (76±0,5%),
diminuíndo, no entanto, os que están pouco relacionados (15,6-11,5%) e, ao
contrario, aumentando os que non teñen ningunha relación (8,9-12,2%).
O tipo de contrato indefinido diminúe
do 52,4-43,3%, aumentando as modalidades de contratación temporal, tais como de
obras-servizos (13,5-17,1%), bolsas ou axudas (4,9-8,3%). Tamén aumenta a
proporción de persoas autoempregadas, pasando do 7,0-9,3%.
[1] Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentar. R. D. 56/2005,
Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente, Dirección e Planificación do Turismo,
Enerxía e Sustentabilidade, Enxeñaría Matemática, Estudos de Xénero. R. D.
1393/2007, Física Aplicada, Fotónica e Tecnoloxías do Láser, Prevención de Riscos
Laborais, Química Avanzada. R. D. 56/2005.
[2] Graos en Belas Artes, Dereito, Dirección e Xestión
Pública e Fisioterapia.