A Área de Emprego e Emprendemento da UVIGO informa que:
Os vindeiros 23 e 24 de outubro terá lugar no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) a terceira edición da Finde.U - Feira Internacional de Emprego Universitario na que, en conxunto co evento que terá lugar unha semana antes no Porto, participarán máis de 150 empresas de todos os sectores cunha ampla oferta de prácticas e emprego para estudantes e persoas con titulación universitaria.
A Finde.U é un evento organizado pola Universidade de Vigo en colaboración coas Universidades do Porto, UTAD e Católica Portuguesa que ten como fin servir de canle de unión entre o tecido empresarial e as universidades de Galicia e norte de Portugal, dando a coñecer ás empresas o talento universitario e facilitando a empregabilidade de estudantes e titulados/as.
COMO PARTICIPAR: O acceso ao recinto feiral será libre para o público en xeral. Para presentar candidatura a algunha oferta das empresas participantes é necesario rexistrarse previamente e subir o CV na plataforma beamian (o prazo de inscrición xa está aberto). Aínda que o rexistro poderá realizarse tamén na recepción do recinto ferial, recoméndase que se realice con carácter previo.
HORARIO DA FEIRA: de 10:00 a 18:00
DESPRAZAMENTO: Os días de celebración dos eventos no Porto e Vigo, a Universidade de Vigo ofrece, de balde, un servizo de autobuses desde todos os campus. Consulta aquí os horarios e itinerarios e solicita praza xa no seguinte formulario de solicitude.
GUÍA DE EMPRESAS: Na guía de empresas da Finde.U 2018, ademáis de consellos sobre como preparar a visita á feira, pódense consultar algunhas das empresas que xa confirmaron a súa presenza nesta edición da Feira Internacional de Emprego Universitario.
MÁIS INFORMACIÓN:
Na web da Área de Emprego e Emprendemento
SEGUE TODAS AS NOVAS: