![]() |
| Seguir a pista do antigo alumnado da UVIGO é un traballo de Sherlock Holmes |
O primeiro Reitor da Universidade de Vigo, Luis Espada, encara a última fase da procura de egresados/as. Se nas dúas primeiras fases logrou localizar uns 3000 ex-alumnos, na actual confía duplicar esa cifra, aínda que cada vez se pon máis difícil o traballo ao transcorreren máis anos desde que os estudantes finalizaron os seus cursos. Se os localizados con anterioridade pertencían ás promocións entre os anos 2005 e 2010, agora remóntase até 1990, cando se puxo en marcha a Universidade.
A idea é crear un Observatorio para comprobar as experiencias. Os/As autores/as das máis interesantes serán convidados pola Universidade para trasladar o seu saber ao alumando dos últimos cursos nunha especie de aulas maxistrais. Tamén tratará de pólos en contacto cos departamentos respectivos que aborden a mesma materia.
O interese que pon niso non impide que recoñeza que é un proceso tedioso, de moita dedicación e constancia. «Se envían correos electrónicos o postales y muchas veces no nos contestan o nos vienen de vuelta. Entonces tenemos que seguir investigando para tratar de seguirles la pista. Es como una especie de Sherlock Holmes, hay que tener mucha paciencia», comenta.
Para que non suceda isto, doravante, a intención é que, ao finalizar os estudos, o/a alumno/a deixe toda a información posible que permita localizalo e, no caso de mudar de enderezo, o faga saber. Outra das dificuldades ven dada polo feito de os 20% dos egresados/as residiren fora de Galicia e, destes, case metade vive no estranxeiro. Dos que están fora de España, 95% traballa nalgún ámbito relacionado coa profesión. «Uno de los objetivos del estudio es conocer qué materias son las más interesantes y cuáles se deberían de impulsar. El contacto es muy importante porque se aprenden muchas cosas, incluso para saber qué asignatura es más o menos importante en los planes de estudio», indica o primeiro reitor. Tamén é interesante para saber se aos egresados/as lles custou encontrar traballo e en caso de estaren desempregados, por que motivos.
O estudo elaborado por Luis Espada e Víctor M. Martínez Cacharrón sobre as promocións de 2005 a 2010 desvelou que 79% dos titulados/as conseguira emprego.
Dentro do 10% que traballa no estranxeiro, o Reino Unido era o país con máis titulados/as da UVIGO. Logo a seguir está Alemaña e, a máis distancia, encontrábanse a Francia, Portugal, Brasil, México, Estados Unidos, Irlanda e Noruega. Tamén había ex-alumnos/as na Illa de Reunión, Catar e Barbados. De feito, países como Catar ou Emirados Árabes resultan cada vez máis atractivos polas facilidades que ofrecen aos especialistas e os soldos elevados.
A maioría dos egresados/as que desenvolven a actividade no estranxeiro fanno na súa especialidade e 9% ocupa cargos directivos, o duplo de homes que de mulleres. Só o 8% ten traballo non cualificado e, neste caso, dominan as mulleres. A maior cantidade de ex-universitarios/as vigueses, en concreto os 62%, están empregados como técnicos/as cualificados/as, mentres que os 20% fanno como mando intermedio.
Fonte: LA VOZ DE GALICIA (17/4/2016)

