O Observatorio de Egresados é unha unidade posta en marcha coa colaboración do Consello Social e da Vicerreitoría de Estudantes da Universidade de Vigo co fin levar a cabo a estratexia de seguimento das persoas tituladas por esta Universidade.
Está configurado como un Observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo alumnado a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral a fin de dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade.
A configuración desta unidade dá continuidade aos estudos de seguimento e de impacto académico e profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo publicados [clicar para acceder aos documentos] nos anos 2013, 2014, 2015, 2017 e 2018 polo equipo de investigación dirixido polo profesor emérito Luis Espada Recarey.
Xa pasaron máis de 25 anos desde a creación da Universidade de Vigo e esta institución galega do ensino superior foise asentando e consolidando coa incorporación de novas titulacións. Desde a promoción de 1989/1990 fóronse graduando estudantes que se incorporaron ás súas tarefas profesionais no mercado de traballo. Até a posta en marcha deste Observatorio ficaba, no entanto, unha materia pendente que non se levara a cabo nestes anos e que tiña a ver coa opinión das persoas tituladas sobre a súa universidade. Por este motivo e co obxecto de coñecer estas opinións, desde o ano 2012 e coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo realizáronse tres estudos sobre a experiencia académica e profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo, cos que se tentou restituír esa ligazón que todo titulado/a debe ter coa súa alma mater. Este proxecto permitiu a transmisión das ideas que o antigo alumnado ten sobre as actividades levadas a cabo durante os anos de formación universitaria, a orientación para o emprego, a formación complementaria, a situación laboral, as características do primeiro emprego e do actual, as competencias profesionais adquiridas ou as características dos estudos.
No primeiro informe (publicado en 2013) tivéronse en conta xuntamente as promocións que concluíron os seus estudos nos anos 2006 e 2007, por crer que xa trancorrera tempo suficiente para que a persoa titulada se insirise no mundo laboral, en calquera dos seus ámbitos, e puidese proporcionar as súas vivencias profesionais.
O segundo informe (publicado en 2014) centrouse na experiencia académica e profesional das promocións dos anos 2008 e 2009, comparando os datos obtidos cos do traballo anterior para así poder observar as variacións experimentadas entre dous períodos que representan dous momentos diferentes do ciclo económico circundante (antes do inicio da crise e no seu inicio).
O terceiro informe (publicado en 2015) abranxe principalmente aspectos relativos á experiencia profesional das persoas tituladas entre 2005 e 2010.
O cuarto informe (publicado en 2018) abranxe aspectos relativos á situación profesional das persoas tituladas desde o inicio da UVIGO, no curso 1989-90, até o curso 2014-15, isto é, trátase dun estudo sobre a situación laboral dos titulados/as nos primeiros 25 anos da Universidade de Vigo.
Existe un outro informe (publicado no ano 2017) que incorpora un estudo completo sobre a evolución da oferta académica da UVIGO entre 1990 e 2015 e sobre as características das persoas tituladas no momento de completar os seus estudos nesta Universidade e antes de comezar a exercer a súa vida profesional.
Para a súa información, clicando sobre estas ligazóns pode acceder aos resumos executivos tanto dos resultados do relativo ás promocións de 2006/07, promocións de 2008/09, promocións de 2005-10 e promocións de 1990-2015.

Observatorio de Egresados
Correo electrónico: observatorio.egresados@uvigo.es
Telefone: 986 812 192
Enderezo:
Campus Universitario de Lagoas-Marcosende.
Edificio Fundición

36310 VIGO