Páxinas

luns, 13 de xullo de 2015

PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO ESTUDO SOBRE A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS TITULADAS DA UVIGO

O ex-reitor Luis Espada Recarey liderou desde 2012 un equipo para desenvolver estudos a propósito da inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010. Esta investigación, que contou co apoio do Consello Social, baseouse nunha enquisa autoaplicada.

Jaime Aneiros, Salustiano Mato, Luis Espada e Víctor M. Martínez Cacharrón
Os resultados do último estudo reflíctense nun libro titulado Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo, cuxa presentación tivo lugar o pasado 24 de xuño na sede da Reitoría e contou coa presenza do Reitor, Salustiano Mato, do propio Luis Espada, do edil de Facenda do Concello de Vigo, Jaime Aneiros e do co-autor do estudo, Víctor Manuel Martínez Cacharrón.

As principais conclusións que se obtiveron a partir dos datos recollidos son que oito de cada dez teñen traballo, dos cales o 85% exercen en Galicia e un 9,6% no estranxeiro, que está repartido en 37 países dos cinco continentes.