Promocións de 2005 - 2010
Luis Espada Recarey
Víctor Manuel Martínez Cacharrón
INTRODUCIÓN
Co obxecto de coñecer as
opinións do antigo alumnado da Universidade de Vigo a respecto da súa
experiencia académica e profesional, desde o ano 2012 e coa colaboración do
Consello Social da Universidade de Vigo, este equipo de investigación promoveu
a realización dous estudos sobre a experiencia académica e profesional das
persoas tituladas da Universidade de Vigo, cos que se tentou restituír esa
ligazón que todo titulado/a debe ter coa súa alma mater.
A
culminación destes estudos permitiu, tamén, a conformación dunha base de datos
inicial de antigo alumnado cos contactos actualizados de aproximadamente dúas
mil persoas tituladas pertencentes ás promocións de 2006-09, que deron o seu
consentimento para recibir informacións sobre actividades dirixidas pola
institución a este colectivo.
Na
procura de dar continuidade a estes estudos, nesta ocasión considerouse
necesario contactar cos titulados/as das promocións de 2005 a 2010 a partir dun
instrumento de captación de datos que incluíse referencias persoais de contacto
actualizados, situación laboral actual e condicións de emprego conducente a
coñecer tanto as súas necesidades formativas como a súa especialización
profesional ou a dispoñibilidade para participar na organización de actividades
divulgativas (conferencias, cursos e/ou seminarios) e sociais (eventos). Este é
o fin do estudo que se presenta e desenvolve nestas páxinas.
A
partir dos datos facilitados por estes estudos a Universidade de Vigo non só
poderá contar cuns documentos valiosos para reflexionar e pór en práctica as
conclusións ás que deron lugar as entrevistas realizadas, senón que tamén
asentar os alicerces operativo-funcionais que permita implementar unha política
e estratexia propia de seguimento ao antigo alumnado.
OBXECTIVOS
Determinar a especialización profesional das persoas tituladas da
Universidade de Vigo entre os anos 2005 e 2010 a partir dunha enquisa que
permita:
-
Identificar as necesidades concretas de formación
que cubran as súas necesidades de especialización profesional
-
Coñecer a súa dispoñibilidade para colaborar coa
Universidade de Vigo na transmisión da súa experiencia profesional en
actividades académicas e/ou sociais.
METODOLOXÍA
Deseñouse un
breve cuestionario a fin de determinar a especialización profesional das
persoas tituladas da Universidade de Vigo (ver Anexo A1) a partir das
experiencias doutras universidades relativas a directorios de actualización
permanente de bases de datos de antigo alumnado. Este cuestionario foi inserido como páxina nun blogue[1]
creado “ad hoc” como plataforma para dar continuidade á realización de estudos
sobre a experiencia académica e profesional das persoas tituladas da
Universidade de Vigo.
Estrutura do cuestionario:
Bloques temáticos
|
Variábeis
|
Datos persoais e
académicos
|
-
Nome e apelidos:
-
Ano de finalización dos estudos universitarios
-
Titulación/s universitarias que posúe
-
Outros títulos
|
Información
laboral actual
|
-
Situación laboral actual
-
Tipo de contrato (traballador por conta allea na empresa
privada, traballador para a administración e traballador autónomo)
-
Tempo na situación actual
-
Empresa en que traballa
-
Localidade de traballo
-
Rama de actividade
-
Sector económico da empresa/institución/organización
-
Área funcional/departamento
-
Categoría laboral
-
Tamaño da organización
|
Necesidades
formativas de especialización profesional
|
-
Materias/temáticas en que considera que a UVIGO debería
ofertar formación para cubrir as necesidades de especialización profesional
|
Colaboración coa
Universidade de Vigo
|
-
Predisposición a manter contacto coa UVIGO: si/non
-
Materias nas que podería ser útil a transmisión da
experiencia profesional
|
Pregunta aberta
para deixar comentarios
|
|
Datos persoais de
contacto
|
-
Enderezo completo
-
Localidade
-
Tlf e e-mail de contacto
|
Ficha técnica
- Ámbito:
Universidade de Vigo.
- Poboación:
persoas tituladas que finalizaron os seus estudos universitarios na
Universidade de Vigo e obtiveron o título nos anos 2005 e 2010.
- Mostra
recollida: 2.986 cuestionarios.
- Estratificación:
na hora de realizar a análise tivéronse en conta as seguintes variábeis de
segmentación: xénero, campus e ámbitos académicos.
- Procedemento:
envío por correo electrónico e postal.
- Erro:
para un nível de confianza de 95, e p=q, o erro real é de ±1,675% para o
conxunto da mostra e no suposto de mostraxe aleatoria simple.
- Datas de
realización: de decembro de 2014 a abril de 2015.
ANÁLISE DOS
RESULTADOS DA ENQUISA
1. Perfil
sociodemográfico
O 61,3% da mostra está constituída por mulleres, comprobándose que a
distribución por xénero se axusta practicamente coa poboación de persoas
tituladas no período avaliado (60,8% mulleres contra 39,2% homes).
Por ámbitos académicos, a mostra está constituída principalmente por
antigo alumnado do xurídico-social (44,3%) e tecnolóxico (30,5%) seguida por
arte e humanidades (9,7%), científico (9,5%) e das ciencias da saúde (4,6%).
As titulacións con máis presenza de mulleres tituladas son as das
ciencias da saúde (84,6%), arte e humanidades (76,9%), xurídico-social (71,1%)
e Científico (67,6%). Polo contrario, no ámbito tecnolóxico predomina a
presenza masculina (69,0%),
Por Campus, a mostra obtida distribúese do seguinte xeito: Vigo (59,0%),
Ourense (23,6%) e Pontevedra (17,6%). Máis de dous terzos de persoas tituladas
dos campus de Pontevedra e Ourense son mulleres, co 72,0% e 68,1%,
respectivamente, alcanzando o 55,5% no de Vigo, porcentaxe máis baixa debida ao
peso que neste campo teñen as titulacións do ámbito tecnolóxico.
O 95,8% residía en Galicia durante a realización dos estudos. O 82,1% facíano
nas provincias de Pontevedra (58,3%) e Ourense (23,8%) onde se localizan as
sedes dos tres campus da Universidade.
Co 28,4% de titulados, Vigo é a principal cidade como lugar de residencia
durante os estudos, seguida por Ourense (13,8%), Pontevedra (5,8%) e A Coruña
(2,2%). Dentro da Área Metropolitana de Vigo destacan os municipios de
Redondela (1,9%), Cangas (1,6%), Moaña (1,1%), Porriño e Nigrán (1,0% ambos).
Na actualidade o 84,9% das persoas tituladas exercen as súas actividades
profesionais en Galicia (56,8% en Pontevedra, 17,1% en Ourense, 11,8% na Coruña
e 3,7% en Lugo). No resto do Estado español traballaban fundamentalmente en
Madrid (4,3%) e Barcelona (1,9%), representando a residencia noutra provincia española
o 6,6%. Por outra parte, un 8,6% destes titulados/as teñen a súa residencia en
37 países estranxeiros, destacadamente no Reino Unido (20,8%), Alemaña (17,7%),
Francia (8,3%), Portugal (7,8%), Brasil (3,7%), México (3,6%), Estados Unidos,
Irlanda e Noruega (3,1% en cada un deles).
País
|
%
|
País
|
%
|
País
|
%
|
País
|
%
|
Reino
Unido
|
20,8
|
Arxentina
|
2,1
|
Polonia
|
1,0
|
India
|
0,5
|
Alemaña
|
17,7
|
Austria
|
2,1
|
África do
Sul
|
0,5
|
Rep.
Checa
|
0,5
|
Francia
|
8,3
|
Chile
|
2,1
|
Andorra
|
0,5
|
Reunion
(Francia)
|
0,5
|
Portugal
|
7,8
|
Italia
|
2,1
|
Australia
|
0,5
|
Suecia
|
0,5
|
Brasil
|
3,6
|
Suíza
|
2,1
|
Barbados
|
0,5
|
Tailandia
|
0,5
|
México
|
3,6
|
Bélxica
|
1,6
|
Bolivia
|
0,5
|
Tunicia
|
0,5
|
EUA
|
3,1
|
Dinamarca
|
1,6
|
Catar
|
0,5
|
Venezuela
|
0,5
|
Irlanda
|
3,1
|
Ecuador
|
1,0
|
Colombia
|
0,5
|
||
Noruega
|
3,1
|
Grecia
|
1,0
|
China
|
0,5
|
||
Países Baixos
|
2,6
|
Panamá
|
1,0
|
El
Salvador
|
0,5
|
Por ámbitos académicos o lugar de residencia na actualidade é o seguinte:
Galicia
|
España
|
Estranxeiro
|
|
Arte e humanidades
|
83,6
|
6,1
|
10,3
|
Ciencias da saúde
|
89,6
|
7,2
|
3,2
|
Científico
|
74,1
|
11,4
|
14,5
|
Tecnolóxico
|
85,2
|
5,4
|
9,4
|
Xurídico-social
|
92,7
|
3,9
|
3,4
|
En función do campus universitario onde realizaron os seus estudos, a o
lugar de residencia actual responde á seguinte distribución xeográfica:
Galicia
|
España
|
Estranxeiro
|
|
Ourense
|
93,8
|
3,8
|
2,4
|
Pontevedra
|
90,6
|
4,1
|
5,3
|
Vigo
|
83,9
|
6,5
|
9,6
|
En función da titulación, as persoas tituladas exercen preferentemente os
seus coñecementos en distintos países: Alemaña (predominio de Enxeñaría
Industrial, Enxeñaría de Telecomunicacións, Ciencias do Mar e Química), México
(Ciencias do Mar), Noruega (Ciencias do Mar e Enxeñaría Industrial), Irlanda
(Ciencias do Mar), Estados Unidos (Enxeñaría de Telecomunicacións), Reino Unido
(Enxeñaría de Telecomunicacións, Industrial e Minas, Tradución e
Interpretación, Publicidade e Relacións Públicas).
As titulacións con máis persoas tituladas traballando fora de Galicia
son: Ciencias do Mar (43,3%), Física (23,6%), Tradución e Interpretación
(23,1%), Enxeñaría de Minas (22,1%), Enx. de Telecomunicacións (21,9%),
Enxeñaría Industrial (19,7%), Química (19,6%), Filoloxía Galega (16,7%), Belas
Artes (15,8%) e Bioloxía (15,7%).
As titulacións con máis persoas tituladas traballando nun país
estranxeiro son: Ciencias do Mar (19,8%), Química (17,4%), Fil. Galega (16,7%),
Enx. de Telecomunicacións (16,0%), Enx. de Minas (14,7%) e Tradución e
Interpretación (14,4%).
Até un 9% da mostra está constituída por persoas que realizaron mestrados
no período de avaliación. Neste sentido cabe referir a mudanza experimentada no
no perfil das persoas tituladas da Universidade de Vigo, facendo que
aporcentaxe de persoas que cursaron mestrados pasase do 0,5% en 2006 ao 29,7%
en 2010.
2.
Situación laboral
A porcentaxe de persoas tituladas que manifestan traballar no momento da
realización da enquisa foi do 78,5% (o 52% empregado por conta allea na empresa
privada, o 18,0% traballando para a administración pública, un 6,8% de
traballadores/as autónomos/as e 1,7% de empresarios/as). Porén, a taxa de
actividade media oscila entre o 76,6% para os que traballan en Galicia e 81%
noutro territorio do Estado español. No caso das persoas tituladas emigradas
nun país estranxeiro, a taxa sitúase por volta do 90%.
Situación laboral das persoas entrevistadas en función do seu lugar de
residencia na actualidade:
Situación
|
España
|
Estranxeiro
|
Galicia
|
%
|
Empregado/a
por conta allea na empresa privada
|
58,5
|
60,9
|
49,9
|
52,0
|
Traballa
para a administración, funcionario/a
|
17,0
|
23,4
|
17,2
|
18,0
|
Desempregado/a
en procura de emprego
|
15,6
|
5,2
|
19,9
|
17,9
|
Autoemprego,
traballador/a autónomo/a
|
4,8
|
5,2
|
7,6
|
6,8
|
Empresario/a
(titular dunha empresa)
|
0,0
|
0,5
|
1,9
|
1,7
|
Estudante
|
2,0
|
4,2
|
2,7
|
2,8
|
Outras
situacións
|
2,1
|
0,6
|
0,8
|
0,8
|
Situación laboral por ámbitos académicos:
Situación
|
Arte e humanidades
|
Ciencias da saúde
|
Científico
|
Tecnolóxico
|
Xurídico-social
|
Empregado/a por conta allea na empresa privada
|
41,2
|
32,8
|
31,0
|
70,2
|
49,3
|
Traballa para a administración, funcionario/a
|
13,0
|
36,0
|
34,1
|
10,5
|
18,9
|
Desempregado/a na procura de emprego
|
23,3
|
24,0
|
23,9
|
12,0
|
18,8
|
Autoemprego, traballador/a autónomo/a
|
17,2
|
2,4
|
2,7
|
3,8
|
7,9
|
Empresario/a (titular dunha empresa)
|
1,5
|
0,8
|
1,2
|
2,2
|
1,4
|
Estudante
|
3,8
|
2,4
|
5,9
|
1,3
|
2,9
|
- As persoas tituladas residentes en Galicia sofren os
máis altos índices de desemprego, así como as que presentan unha menos proporción
de traballadores/as autónomos e de empresarios/as.
- O feito de que as persoas emigradas a países
estranxeiros presentan a taxa máis elevada de traballo para a administración é
debido fundamentalmente á súa ocupación como persoal investigador en organismos
públicos, daí que este colectivo sexa o que presente tamén a máis alta
proporción de estudantes.
- O desemprego afecta ao 17,9% das persoas inquiridas,
oscilando por ámbitos académicos entre o 24,0% dos titulados/as nas ciencias da
saúde ao 12% do tecnolóxico.
- O desemprego feminino (20,9%) supera ao masculino
(13,3%).
- O tempo medio de procura de emprego é de 13,89
meses, sendo superior o das mulleres (13,96) que o dos homes (13,72).
- Tempo de procura de emprego das persoas
desempregadas: entre 3 e 6 meses (30,5%), entre 3 e 6 meses (19,3%), entre 6
meses e un ano (16,5%), máis de dous anos (18,2%).
3.
Características do emprego actual
3.1
Tipoloxía de contrato
Con respecto ás características do emprego actual, constátase que o 54,3%
tiñan un contrato de duración indefinida, o 17,9% un contrato de duración
definida (temporal) e un 10,5% un contrato por obra ou servizo.
O seguinte cadro mostra a
tipoloxía de contrato en función do lugar de residencia no momento actual:
Tipoloxía
|
España
|
Estranxeiro
|
Galicia
|
Total
|
Indefinido
|
66,3
|
54,7
|
52,1
|
54,3
|
Temporal
|
12,6
|
25,9
|
17,5
|
17,9
|
Obra/servizo
|
10,9
|
5,6
|
11,2
|
10,5
|
Bolseiro/a
|
3,5
|
4,7
|
3,9
|
3,9
|
Autoemprego/autónomo
|
5,6
|
6,5
|
13,0
|
11,3
|
En prácticas
|
1,1
|
2,2
|
1,9
|
1,8
|
Outras
|
0,0
|
0,4
|
0,5
|
0,3
|
- A
maior proporción de contratos de traballo de duración indefinida dáse nas
persoas emigradas noutra provincia española.
- No
estranxeiro é superior a proporción de contratos de duración temporal
- En
Galicia existe máis proporción de traballadores autónomos.
3.2
Categoría profesional
Un 8,5% desenvolve as súas responsabilidades como directivos/as, un 61,6%
como técnicos/as cualificados/as e un 20,8% como mandos intermedios. Polo
contrario, as categorías que non son propias de titulados universitarios, isto
é, empregados non cualificados, representan o 8,1%.
O seguinte
cadro compara a categoría profesional por xéneros:
Categoría
|
Total
|
Homes
|
Mulleres
|
Directivo
|
8,5
|
11,3
|
6,6
|
Mando
intermedio
|
20,8
|
26,1
|
16,9
|
Técnico
cualificado
|
61,6
|
57,1
|
64,9
|
Empregado/a
non cualificado/a
|
8,1
|
4,9
|
10,1
|
- A
proporción de homes con funcións directivas case duplica á de mulleres (11,3%
contra 6,6%).
- As
mulleres que desenvolven empregos non cualificados duplican os homes (10,1%
contra 4,9%).
O seguinte
cadro mostra a comparativa por ámbitos académicos (datos en %):
Categoría
|
Arte e
humanidades
|
Ciencias
da saúde
|
Científico
|
Tecnolóxico
|
Xurídico-social
|
Directivo
|
8,9
|
4,5
|
4,0
|
8,2
|
9,7
|
Mando
intermedio
|
13,2
|
13,5
|
15,9
|
28,4
|
18,3
|
Técnico
cualificado
|
71,6
|
78,7
|
75,0
|
60,5
|
55,9
|
Empregado/a
non cualificado/a
|
6,3
|
3,4
|
4,5
|
2,5
|
13,8
|
As categorías propias
dos titulados/as universitarios (directivo, mando intermedio e técnico
cualificado) representan o 97,1% das persoas tituladas do ámbito tecnolóxico, o
96,7% das ciencias da saúde, 94,9% do científico, 93,7% do humanístico e o
83,9% do xurídico-social.
3.3 Rama de
actividade
A maioría das persoas inquiridas (70,6%) traballa en empresas ou
organizacións privadas, o 24,9% no ámbito público e o 4,6% en entidades non
lucrativas.
Por xéneros as mulleres presentan unha maior presenza nas organizacións
de ámbito público en detrimento da empresa privada:
Rama
|
Homes
|
Mulleres
|
Ámbito público
|
21,0
|
27,6
|
Empresa privada
|
74,9
|
67,4
|
Entidade non lucrativa
|
4,0
|
5,0
|
Distribución de respostas por ámbitos académicos:
Ámbito público
|
Empresa privada
|
Entidade non lucrativa
|
|
Arte e humanidades
|
20,1
|
74,9
|
5,0
|
Científico
|
51,4
|
45,1
|
3,4
|
Ciencias da saúde
|
53,9
|
42,7
|
3,4
|
Tecnolóxico
|
13,9
|
81,7
|
4,4
|
Xurídico-social
|
26,0
|
69,0
|
4,9
|
- O ámbito público é maioritario nas persoas tituladas
das ciencias da saúde e científico.
- A empresa privada é a rama de actividade maioritaria
nos ámbitos tecnolóxico, de arte e humanidades e xurídico-social.
3.4 Tamaño
da organización
Existe unha preponderancia de persoas tituladas que desenvolven a súa
actividade profesional nunha grande empresa (39,7%), seguido pola microempresa
(22,8%), pequena empresa (20,5%) e mediana empresa (17,0%).
O seguinte cadro mostra o tamaño da organización en que traballa segundo
o lugar de residencia na actualidade:
Tamaño
|
España
|
Estranxeiro
|
Galicia
|
%
|
Microempresa
|
9,6
|
8,6
|
26,3
|
22,8
|
Pequena
empresa
|
11,3
|
13,3
|
22,3
|
20,5
|
Mediana
empresa
|
15,1
|
19,9
|
16,1
|
17,0
|
Grande
empresa
|
59,9
|
55,5
|
31,1
|
39,7
|
- Na economía
galega predominan as microempresas e de pequeno tamaño como xeradoras de
emprego, absorbendo case a metade (48,6%) das persoas tituladas que traballan
no momento actual.
- A presenza de
empresas de grande tamaño é minoritaria en Galicia frente ao estranxeiro e
outros territorios do Estado español.
3.5 Tempo
de permanencia no traballo actual
O tempo de permanencia medio das persoas tituladas no seu emprego actual
é de 44,67 meses, proporción que varía entre os que levan traballando máis de
69 meses (20,0%) e aqueles de só un ano (27,9%). Os profesionais pertencentes á
rama tecnolóxica presentan unha media de 49,74 meses, situándose os do ámbito
científico no oposto, ao alcanzar unha media de 34,76 meses.
3.6 Sector
económico
Por orde decrecente os principais sectores económicos
ou de actividade en que traballan as persoas entrevistadas son:
Sector económico
|
Homes
|
Mulleres
|
Total
|
Servizos a empresas
|
15,3
|
14,1
|
14,6
|
Educación privada
|
5,1
|
10,7
|
8,4
|
Público
|
7,7
|
8,6
|
8,2
|
Servizos informáticos
|
9,2
|
4,3
|
6,4
|
Educación pública
|
3,4
|
7,8
|
5,9
|
Automoción
|
9,1
|
3,4
|
5,8
|
Ensino superior
|
3,9
|
5,5
|
4,9
|
Metalúrxico e eléctrico
|
6,6
|
3,1
|
4,6
|
Sanidade e saúde
|
2,8
|
5,6
|
4,4
|
Enerxía
|
5,8
|
2,0
|
3,6
|
Alimentación
|
2,2
|
4,5
|
3,5
|
- Máis presenza feminina: educación (privada e
pública), sanidade e saúde, alimentación, outras actividades sociais,
téxtil-confección ou xurídico.
- Máis presenza masculina: servizos informáticos,
automoción, metalúrxico-eléctrico, enerxía, construción, transporte/loxística,
telecomunicacións ou aeronáutica.
- Sen diferenzas significativas: servizos a empresas,
público, finanzas ou no sector da agricultura, gandería, caza, pesca, silvicultura
e forestal.
3.7 Area
funcional da empresa/institución de traballo
Por orde decrecente as principais áreas funcionais ás
que están adscritas as persoas tituladas inquiridas nas súas empresas son:
Área funcional
|
Homes
|
Mulleres
|
Total
|
Ensino/docencia
|
9,1
|
22,8
|
16,4
|
Produción
|
22,2
|
11,2
|
15,3
|
I+D+i/Investigación
|
15,6
|
10,1
|
12,0
|
Administración
e finanzas
|
7,5
|
10,2
|
8,8
|
Vendas e
marketing
|
6,1
|
7,3
|
6,6
|
Informática
|
9,5
|
3,9
|
6,1
|
Outras
|
3,4
|
2,3
|
6,1
|
Servizos
xerais
|
5,3
|
5,7
|
5,3
|
Atención ao
cliente
|
3,3
|
6,9
|
5,2
|
Prevención e
saúde
|
2,6
|
5,7
|
4,3
|
Dirección
xeral
|
5,5
|
2,9
|
3,8
|
Recursos
humanos
|
1,1
|
1,9
|
1,5
|
Non existen
áreas funcionais diferenciadas na empresa
|
8,8
|
9,1
|
8,6
|
- Máis
presenza masculina: produción, investigación, informática e dirección xeral.
- Máis
presenza feminina: ensino/docencia, administración e finanzas, vendas e
marketing e atención ao cliente.
4.
Necesidades formativas de especialización profesional
No cuestionario inquiriuse polos complementos
académicos que as persoas tituladas que responderon á enquisa acharon máis
importantes de cara a mellorar a súa especialización profesional.
Necesidades comúns:
- Os idiomas
son o complemento formativo máis demandado polas persoas que responderon a
enquisa, estando presente en case todas as titulacións salvo en Historia,
Fisioterapia, Enxeñaría en Informática, Enxeñaría Técnica Agrícola, Enxeñaría
Técnica Forestal, Dereito, Educación Social e Xestión da Administración
Pública.
- As necesidades
de formación e orientación laboral (FOL) é común a titulacións tanto do
ámbito de arte e humanidades (Belas Artes), científico (Ciencias do Mar,
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química), tecnolóxico (Enx. Téc. en
Telecomunicacións, Enx. Téc. Forestal) e xurídico-social (Maxisterio en
Educación Física e Educación Musical, Ciencias da Actividade Física e do
Deporte e Psicopedagoxía).
- As necesidades
formativas relativas ao uso profesional das novas tecnoloxías está
presenta tanto en titulacións do ámbito das artes e humanidades (filoloxías
Hispánica e Inglesa), ciencias da saúde (Enfermaría) e xurídico-social
(Maxisterio en Educación Física, Educación Infantil e Linguas estranxeiras e
Psicopedagoxía).
- As prácticas
en empresas/practicum son unha procura formativa de carácter complementar
en titulacións do ámbito das artes e humanidades (Filoloxía Inglesa),
científico (licenciaturas en Física e Química), tecnolóxico (Enxeñaría de
Minas, Enx. Téc. Agrícola) e xurídico-social (Maxisterio en Educación Física,
Educación Infantil e Educación Primaria, Dereito e Dereito Económico e
Psicopedagoxía).
- Os coñecementos
en economía e/ou xestión empresarial son unha procura tanto de titulacións
pertencentes ao ámbito de arte e humanidades (Tradución e Interpretación),
científico (Física) como, fundamentalmente, do tecnolóxico (Enxeñaría de Minas,
Enxeñaría Industrial, Enx. Téc. de Telecomunicacións, Enx. Téc. de Forestal,
Enxeñaría de Telecomunicacións, Enx.a Téc. Industrial e Enxeñaría Técnica
Agrícola).
- A calidade
é un complemento formativo demandado en titulacións do ámbito científico (Bioloxía,
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Química) así como no tecnolóxico (Enx.
Téc. Agrícola).
- O software
profesional específico é unha necesidade en titulacións do ámbito de arte e
humanidades (licenciaturas de Belas Artes e Tradución e Interpretación),
tecnolóxico (Enxeñaría de Minas, Enxeñaría Industrial e Enx. Téc. Forestal) e
xurídico-social (diplomaturas de Turismo e Xestión e Administración Pública).
- A didáctica
é unha necesidade formativa en titulacións do ámbito de arte e humanidades
(filoloxías Hispánica e Inglesa) e xurídico-social (Maxisterio en Educación
Infantil, Educación Primaria e Linguas estranxeiras).
- A investigación
é unha necesidade en Física, Enfermaría e Enx. Téc. Forestal
5.
Colaboración coa Universidade de Vigo
O 82% das persoas que responderon o cuestionario manifestou a súa disposición a colaborar coa Universidade de Vigo na participación en cursos, conferencias e/ou seminarios. Por campus, non existen diferenzas significativas, oscilando entre o 79% de Ourense, 82% de Vigo e 83% de Pontevedra. Polo contrario, existen diferenzas significativas por ámbitos académicos (84% de Arte e humanidades, 83% Científico, 82% Tecnolóxico, 81% Xurídico-social 81% e 77% das Ciencias da saúde).
6. Especialización
profesional transmisíbel
As persoas que responderon afirmativamente a manter contacto coa
Universidade de Vigo da forma descrita na epígrafe anterior foron inquiridas
tamén polas materias (con indicación da orde de importancia) nas que podería
ser útil a transmisión da súa experiencia profesional através da súa
participación en cursos, conferencias e/ou seminarios. As respostas a esta
pregunta permitiron identificar a especialización profesional dos antigo
alumnado.
Materias de especialización
profesional comúns a varios ámbitos académicos:
- Xestión
ambiental e ecoloxía
- Investigación
- Docencia
Materias de especialización
profesional específicas do ámbito das artes e humanidades:
- Literatura
Materias de especialización
profesional específicas do ámbito tecnolóxico:
- Xestión de
proxectos
- Enerxías
- Bases de datos e
tecnoloxías Web
Materias de especialización
profesional específicas do ámbito xurídico-social:
- Didáctica
- Deficiencia
- Psicoloxía
- Xestión
empresarial
- Fiscalidade
- Contabilidade
Máis informacións: Páxs. 89-90 e Anexo 14 (principais respostas agrupadas
por ámbitos académicos e titulacións).
7. Análise das respostas á pregunta aberta
A seguir móstranse os comentarios de carácter xenérico e comúns
recollidos á pregunta aberta formulada.
Comentarios xenéricos:
- Recibir
información de estudos de posgrao, conferencias,... para ter unha relación máis
activa coa universidade e mellorar así os coñecementos como antigos alumnos/as.
- Desexa colaborar
coa universidade, se os coñecementos e experiencias adquiridos no mundo do
traballo poden ser de utilidade e mellorar así a cualificación dos futuros
profesionais.
- Crear unha rede
de contactos entre persoas tituladas do mesmo ámbito académico/titulación e
seguir a súa evolución
- Interesados en
acudir a impartir cursos, conferencias que precise a universidade.
- Colaborar coa
universidade através de mestrados e poder transmitir os coñecementos ao
alumnado.
- Potenciar o
programa Erasmus.
- Potenciar
estancias de estudos no estranxeiro.
- Maior nivel de
idiomas (coñecemento obrigatorio de linguas estranxeiras).
- Ter acceso ás
distintas actividades formativas que puidese ofertar a Universidade.
- Os cursos que se
implanten deben basearse en estudos que acheguen novos coñecementos e sexan de
utilidade.
- A Universidade
deberá facer cursos de formación continuada para ex-alumnos/as, aínda que
estean a traballar, para enriquecer o ensino.
- Coñecer os temas
en que traballen os Departamentos para posíbeis colaboracións.
- Creación dunha
bolsa de traballo orientada ás persoas tituladas.
- Hai que ensinar
a pensar.
Comentarios
comúns:
- Enfocar as
materias de forma máis práctica.
- A teoría está
nos libros; o que se ten que aprender é a procurar información e saber aplicala
na vida real.
- Enfocar a
formación cara o mundo profesional.
- Máis
informacións sobre o mundo laboral.
- Algúns estudos
non son acaídos ao nivel que posteriormente se empregarán na vida real.
- Moita teoría e
pouca práctica.
- Moita teoría e
poucos aspectos prácticos.
- Menos teoría e
realización de máis proxectos e prácticas.

