Páxinas

martes, 2 de decembro de 2014

ESTUDO SEGUIMENTO EGRESADOS (Promocións 2006-07)

Estudo sobre a experiencia académica e profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo
Promocións de 2006 e 2007
Luis Espada Recarey
Víctor Manuel Martínez Cacharrón
Clique aqui para acceder ao estudo completo

Introdución

Xa pasaron 23 anos e a Universidade de Vigo foise asentando e consolidando coa incorporación de novas titulacións. Ao longo deste período, fóronse graduando estudantes que se incorporaron ás súas tarefas profesionais. Quedaba, no entanto,  unha materia pendente que non se levara a cabo e que se relacionaba coa opinión que as persoas tituladas tiñan da súa universidade. Por este motivo e co obxecto de coñecer estas opinións, realizouse este estudo, que tenta restituír esa ligazón que todo titulado/a ten coa súa universidade, transmitindo as súas ideas sobre as actividades levadas a cabo durante os anos de formación universitaria, a orientación para o emprego, a formación complementaria, a situación laboral, as características do primeiro emprego e do actual, as competencias profesionais adquiridas ou as características dos estudos.


Neste traballo tivéronse en conta xuntamente as promocións que concluíron os seus estudos hai seis anos así como as que os terminaron hai cinco, por crer que é tempo suficiente para que a persoa titulada se insira no mundo laboral, en calquera dos seus ámbitos, e poida proporcionar as súas vivencias profesionais.

Estrutura

O contido deste informe sobre a inserción laboral das persoas tituladas da Universidade de Vigo está estruturado da seguinte maneira.

En primeiro lugar, a introdución ten por fin xustificar a necesidade deste estudo e céntrase nunha idea forza: coñecermos a experiencia profesional e académica dos titulados/as da Universidade de Vigo como primeiro paso para a implantación dun observatorio ocupacional. Igualmente, tamén se considerou necesario analizar a posibilidade de crear algún tipo de vinculación do colectivo de persoas tituladas coa Universidade de Vigo.

O segundo apartado, “Obxectivos do estudo” apunta os obxectivos desta enquisa, diferenciando o obxectivo principal e os obxectivos específicos.

O terceiro apartado, “Características técnicas do estudo”, contén informacións sobre a metodoloxía seguida cunha pormenorizada descrición dos procedementos aplicados, os apartados en que está estruturado o cuestionario, a descrición da poboación e a elaboración da mostra e, finalmente, a ficha técnica.

O apartado cuarto, "Análise dos resultados da enquisa", constitúe o eixo principal do estudo. Esta epígrafe, a máis extensa do informe, inclúe os resultados do estudo a través dunha grande cantidade de cadros e comentarios completados cos anexos.

Finalmente, realizouse un resumo executivo coas principais conclusións do estudo.



Obxectivos

Os obxectivos céntranse en:
-          Obter informacións das persoas tituladas da Universidade de Vigo naqueles aspectos da súa experiencia  inserción profesional.
-          Analizar a relación existente entre a súa experiencia profesional e a formación académica recibida.
-          Desenvolver o primeiro paso para a implantación dun observatorio ocupacional como unidade de seguimento das características das persoas tituladas que se colocan no mercado de traballo (emprego encontrado, grao de afinidade co traballo, tempo que demoraron en encontrar o primeiro emprego,…).
-          Analizar a posibilidade de crear algún tipo de vinculación do colectivo de titulados/as coa Universidade de Vigo (asociación, foro, comunidade virtual, lista de distribución,…).

Estas perspectivas conforman as liñas estratéxicas relacionadas coa orientación e información de emprego recollidas no Plan estratéxico de emprego da Área de Emprego da Universidade de Vigo.

Ficha técnica:

Ámbito: Universidade de Vigo.

Poboación: Persoas tituladas que finalizaron os estudos universitarios na Universidade de Vigo e obtiveron o título nos cursos académicos 2006 e 2007.

Mostra recollida: 1.158 cuestionarios.

Estratificación: Á hora de realizar as análises tivéronse en conta as seguintes variábeis de segmentación:
-          Xénero
-          Ámbitos académicos

Procedemento: Envío por correo electrónico e postal.

Erro: Para un nivel de confianza do 95%, e p=q, o erro real é de ±2,57% para o conxunto da mostra e no suposto de mostraxe aleatoria simple[1].

Datas de realización: de febreiro a setembro de 2012.



ANÁLISE DOS RESULTADOS DA ENQUISA

1. Perfil dos titulados/as

Ámbitos de coñecemento
A distribución da mostra por ámbitos segue a seguinte secuencia: o 42,9% das persoas tituladas son do ámbito xurídico-social, o 28,7% do tecnolóxico, o 10,6% de arte e humanidades, o 10,4% do científico e o 7,5% de Ciencias da saúde.  Estas porcentaxes correspóndense coa distribución da poboación por ámbitos académicos (o 48,3% do xurídico-Social, o 28,1% do tecnolóxico, o 8,8% de arte e humanidades, o 7,2% do científico e o 7,3% de ciencias da saúde).

Xénero
O 65,0% da mostra está formado por mulleres. Nas titulacións da rama de ciencias da saúde (88,6%), arte e humanidades (79,5%), científica (76,3%) e xurídico-social (75,2%), a presenza de mulleres é maioritaria, mentres que no ámbito tecnolóxico hai máis homes (65,1%).

Residencia durante os estudos
Durante a realización dos estudos, o 56,0% das persoas tituladas residían na provincia de Pontevedra e un 20,1% na de Ourense.  Máis información na páx. 28.

Os titulados/as que na actualidade traballan fóra de Galicia representan o 5,9% (o 72,5% noutros territorios do Estado e o 27,5% no estranxeiro). Máis información na páx. 29.

Duración dos estudos (en anos)
De media, as persoas tituladas demoraron 5,38 anos en finalizar os seus estudos (6,07 no caso dos homes contra 4,98 no das mulleres).
Por ámbitos académicos:  Ciencias da saúde: 3,17 (ciclo curto); tecnolóxico: 6,78 (ciclos longo e curtos); científico: 6,25 (ciclo longo); arte e humanidades: 5,58 (ciclo longo); xurídico-social: 4,57 (ciclos longos e curtos).  Máis informacións na páx. 136 (anexo A5).

2. Actividades desenvolvidas durante os anos de estudo universitarios

-          Realización de prácticas en empresas/institución: 55,5%.
-          Participación en programas de mobilidade internacional: 17,2%
-          Realización de prácticas en empresas no estranxeiro: 8,1%
-          Docencia recibida en lingua estranxeira (algunha materia): 32,2%
-          Competencias lingüísticas desenvolvidas
 Coñecementos de inglés: 93,9%
Coñecementos de francés: 22,3%
 Coñecementos de alemán: 13,7%

Máis información nas páxs. 31-39.


3. Orientación para o emprego

-          Grao de participación nos foros empresariais de procura de emprego: 33,0%
-          Valoración destas iniciativas: moi útiles (47,6%)e pouco útiles (46,9%).
-          Participación nas actividades organizadas pola Oficina de Emprego da Universidade: 32,4%.
Máis informacións nas páxs. 39-41.

4. Formación complementaria

-          Finalizados os estudos o 72,9% realizou algún tipo de formación complementaria.
-          Tipo de formación (resposta múltipla): Mestrado (48,9%), cursos de especialización (39,6%), cursos de formación continuada dirixidos a persoas empregadas (28,2%) e outra titulación (19,7%).
-          Contidos da formación complementaria (resposta múltipla): específicos da titulación:  (62,5%); Idiomas (54,6%) e Informática (47,8%).
-          Motivos: Prepararse para outros traballos/mellora da empregabilidade (46,5%), unha forma de promocionar (21,3%), ampliar coñecementos, sen considerar aspectos (19,4%).
Máis informacións nas páxs. 42-45.

5. Situación laboral dos titulados no momento actual


%
Traballa por conta allea
71,1
Traballa como empresario/ autónomo
5,2
Desempregado na procura de traballo
19,9
Continua a estudar sen procurar emprego
2,0
Prepara oposicións sen procurar emprego
0,5
Ao coidado da familia
0,2
Outro:
1,1

Más informacións nas páxs. 46-51.

Factores condicionantes do desemprego:
Este apartado avalía as características que se poden destacar dos titulados que se achan desempregados no momento de realizar a enquisa.

Factores que teñen dificultado a inserción laboral mediante escala de valoración de 1 (ningunha dificultade) a 5 (moita dificultade).

Media
Ter unha titulación universitaria
2,18
Ter unha titulación específica
2,52
Ter estudado na Universidade de Vigo
1,56
O mal expediente académico
1,55
Falta de mestrados, cursos de posgrao ou outra formación complementar
2,37
Pouca experiencia laboral ou profesional previa
3,68
As poucas prácticas en empresas realizadas ao longo da carreira
3,41
A falta de estancias de estudos ou de experiencias no estranxeiro
2,80
A falta de coñecemento de idiomas
3,24
A falta de coñecementos de informática
2,22
Carecer de contactos persoais
3,82
O ciclo da economía
4,30
Non ter iniciativa nen asumir riscos
2,29
A falta persoal de esforzo
1,77
O descoñecemento de técnicas de procura de traballo
2,02
A mala sorte
2,52
Non participar en organizacións estudantís ou de voluntariado
1,89

Técnicas de procura do primeiro emprego:


%
Responder a anuncios de traballo
25,4
Mediante contactos persoais
18,8
Contactar cun empresario/empregador pola miña conta
13,5
Anotándose en bolsas de traballo
8,5
Contactou coa empresa/institución na que realizou as prácticas durante os estudos
5,9
Preparando oposicións/concursos
5,7
Pola empresa/titulación onde traballou cando estudaba
4,9
Mediante unha axencia de emprego pública (INEM, outras)
3,2
Mediante unha ETT
2,9
Autoemprego/autónomo
1,1
Mediante unha empresa de emprego privada
1,0
Mediante unha empresa de selección de persoal
0,6
Colocar anuncios
0,5
Outras
7,6
Non responderon
4,1

Tempo en encontrar o primeiro traballo despois dos estudos: O tempo transcorrido desde a finalización dos estudos universitarios até encontrar un primeiro traballo é amplamente utilizado como un indicador da inserción laboral dos titulados universitarios.


%
0-3 meses
59,1
3 – 6 meses
13,6
6 – 12 meses
11,5
1 -2 anos
9,9
Máis de 2 anos
6,0
Non responderon
5,3

Máis informacións nas páxs. 51-57.

           
6. Evolución entre o primeiro emprego e o emprego actual

O primeiro emprego é igual ao emprego actual?


%
Non
69,4
Si
23,1
Si, e xa traballaba nel antes de acabar a carreira
6,3
Non, nunca traballei
1,2
Non responderon
3,9

Tipo de contrato:


%
Emprego actual
Primeiro emprego
Indefinido
52,4
16,0
Contrato eventual
17,1
26,0
Contrato por obra/servizo
13,5
25,0
Autoemprego/autónomo
7,0
2,3
Contrato en prácticas
3,6
13,3
Bolsas ou axudas
4,9
14,6
Sen contrato
1,2
3,0
Non responderon
23,7
4,0


Categoría profesional
Foron encontradas diferenzas estatisticamente significativas entre a distribución dos titulados en función das diferentes categorías profesionais entre o primeiro emprego e o actual.


%
Emprego actual
Primeiro emprego
Técnico/a medio/a (grupo B)
29,3
32,6
Administrativo (grupo D)
13,5
19,3
Técnico/a superior (grupo A)
37,0
22,9
Directivo/a
3,8
0,6
Operario/a
8,3
16,0
Mando intermedio
6,3
3,3
Bolseiro
0,8
4,0
Sobrecualificación
A sobrecualificación do traballo actual é unha variábel que indica a proporción de titulados que desenvolven un traballo con demandas inferiores aos estudos desenvolvidos.


%
Inferior ao nível académico
29,2
Adecuado ao nível académico
63,1
Superior ao nível académico
7,7
Non responderon
23,7


Máis información nas páxs 57-68.

7. Competencias profesionais adquiridas

Escala de valoración: de 1 (nada) a 5 (moito)

Valoración das competencias desenvolvidas durante os estudos
Formación recibida na Universidade de Vigo.

Media
Capacidade para traballar en grupo
3,68
Capacidade para aprender con rapidez novos coñecementos
3,47
Habilidade para traballar de forma autónoma
3,38
Capacidade para traballar baixo presión
3,30
Capacidade de análise e síntese
3,27
Asunción de responsabilidades
3,15
Habilidade na comunicación oral (exposicións orais, falar en público,...)
3,12

Máis informacións pormenorizadas nas páxs. 75-77.

Valoración do nivel actual de competencias persoais
Nivel adquirido na súa formación e na súa experiencia.

Media
Asunción de responsabilidades
4,15
Preocupación pola calidade
4,10
Capacidade para traballar en grupo
4,06
Habilidade para traballar de forma autónoma
4,03
Capacidade para aprender con rapidez novos coñecementos
3,98
Capacidade para adaptarse ás novas situacións
3,97
Capacidade para traballar baixo presión
3,96
Habilidade na comunicación escrita
3,94
Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica
3,85
Habilidades interpersoais
3,82
Capacidade crítica e autocrítica
3,80
Capacidade para coordinar e organizar actividades
3,80
Motivación do éxito
3,74
Capacidade para traballar nun grupo interdisciplinario
3,73

Máis informacións nas páxs. 77-78.

Valoración do nivel de competencias exixidas polo emprego actual.
Competencias demandadas no posto de traballo.

Media
Asunción de responsabilidades
4,28
Capacidade para traballar baixo presión
4,25
Capacidade para adaptarse ás novas situacións
4,21
Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica
4,20
Preocupación pola calidade
4,12
Capacidade para traballar en grupo
4,10
Capacidade para aprender con rapidez novos coñecementos
4,10
Habilidade para traballar de forma autónoma
4,08
Habilidades interpersoais
4,08
Capacidade para traballar nun grupo interdisciplinario
4,01
Capacidade para xerar novas ideas e solucións
4,01
Habilidade na comunicación oral (exposicións orais, falar en público,...)
3,99

Máis informacións na páxs. 78-80.

Axuste entre as competencias exixidas no traballo actual e a formación recibida.
Diferenza entre as competencias exixidas no posto de traballo e as que as persoas tituladas adquiriron a través da formación recibida na Universidade de Vigo.

O feito de que todas as capacidades teñan axustes positivos significa que é maior o grao de competencias exixidas polas empresas que o adquirido durante a formación universitaria (neste caso, a escala sitúase entre 0,17 e 1,39).


Axuste
Capacidade de análise e síntese
0,17
Capacidade para traballar en grupo
0,42
Habilidades na xestión da información
0,42
Capacidade crítica e autocrítica
0,56
Habilidade na resolución de problemas
0,60
Capacidade para aprender con rapidez novos coñecementos
0,63
Habilidade para traballar de forma autónoma
0,70
Capacidade para tomar decisións
0,80
Habilidade na comunicación escrita
0,84
Capacidade para utilizar ferramentas informáticas
0,85
Motivación do éxito
0,86
Habilidade na comunicación oral (exposicións orais, falar en público,...)
0,87
Capacidade para coordinar e organizar actividades
0,90
Capacidade de usar o tempo de forma efectiva
0,92
Capacidade para traballar baixo presión
0,95
Capacidade para mobilizar as capacidades de outros
0,98
Capacidade para xerar novas ideas e solucións
1,00
Habilidades interpersoais
1,02
Capacidade para traballar nun grupo interdisciplinario
1,05
Preocupación pola calidade
1,06
Capacidade para adaptarse ás novas situacións
1,12
Asunción de responsabilidades
1,13
Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica
1,14
Capacidade para facer valer a túa autoridade
1,28
Capacidade para negociar de forma eficaz
1,39


8. Características dos estudos

Nivel tecnolóxico da titulación:
-          Nivel tecnolóxico do equipamento: 2,90
-          Nivel de actualización tecnolóxica da formación: 2,83
[Escala de valoración: 1 (nada) a 5 (moito)]

A valoración realizada polas persoas inquiridas tanto das variábeis “materias de maior utilidade profesional”, como das “materias de menor utilidade profesional” ou dos “complementos académicos necesarios” é analizada pormenorizadamente nas páxinas 82-89 e 90-94, respectivamente.


10. Organización das persoas tituladas

Diposición a manter algún tipo contacto coa Universidade: 83,3%

Tipo de vinculación: Recibir periodicamente información da Universidade a partir dunha base de datos (52,0%), por medio dun foro ou rede de persoas tituladas (48,3%), a través dunha páxina web (32,5%), asociación de antigos alumnos e alumnas (30,7%), a través dunha fundación (15,0%) e outras (9,3%).

Actividades máis valoradas que debería desenvolver a Universidade: permitir o acceso aos servizos universitarios (4,14); fomentar os contactos profesionais entre titulados/as afíns (4,13); participar en ciclos de conferencias dirixidas ao alumnado doutros cursos (3,28); organizar actividades ou conmemoracións lúdico-festivas (2,85); participar en reunións de antigas promocións conmemorativas (2,51).

Predisposición de colaboración coa Universidade de Vigo:  comunicar as experiencias persoais no mercado de traballo ao estudantado (3,29); colaborar coa experiencia persoal na formación de graos e mestrados universitarios (3,20); permitir a realización de prácticas preprofesionais (3,05); facilitar a contratación de titulados/as en prácticas (2,93); facilitar a realización de visitas académicas á empresa na que traballa a persoa titulada (2,73).

Escala de valoración: de 1 (nada) a 5 (moito)

Máis informacións nas páxs. 94-98.

11. Análise das respostas á pregunta aberta

A enquisa contiña unha última pregunta na que a persoa titulada podía acrecentar os comentarios que considerase oportunos. As súas respostas, algunhas de contido moi amplo, suscitaron unha serie de reflexións complementarias ao solicitado nos puntos concretos da mesma.

No total, o 22,5% dos titulados/as inquiridos completaron este apartado da enquisa.  Dada a diversidade de opinións, estas foron agrupadas en dous grupos diferenciados. O 88% das opinións están relacionadas con temáticas sobre futuras colaboracións; prácticas en empresas e nas titulacións; cursos, mestrados e idiomas; entrega de títulos; emprego e outras opinións xerais e particulares. O 12% restante abarca opinións críticas sobre as titulacións (plano de estudos, profesorado e formación).


Cada un destes apartados desenvólvese, agrupando as opinións semellante entre si, na epígrafe 5.11 (páx. 114).  Entre elas:
-          Aplicar os resultados da enquisa será de utilidade para que os planos de formación se reorienten dunha forma máis práctica a fin de lograr unha mellor e máis rápida inserción no mercado de traballo.
-          Sería positivo seguir colaborando e manter relacións coa Universidade co fin de non perder os vínculos sociais e académicos con ela.
-          Tanto para o profesorado como para o alumnado, ábrense novas posibilidades de traballo, xa que se pode dar unha visión real do estado da titulación no mercado de traballo e contrastar experiencias con outros graduados/as da mesma titulación.
-          Sería interesante a creación dunha base de datos para seguir a traxectoria dos persoas tituladas.
-          Mellor información sobre o mercado de traballo e mitigar, xa que logo, a desconexión entre o que se ensina e o que o mercado exixe.
-          Informar á Universidade das materias que fan falta no exercicio profesional sen ter que recorrer a mestrados.
-          Máis prácticas na titulación e ao terminar os estudos máis formación continuada.
-          A materia pendente: carencia no dominio fluído de idiomas. O nivel de idiomas é baixo, pois o alumnado espera acabar a carreira para estudalos.
-          Cursos para actualizar os coñecementos adquiridos.
-          Máis informacións sobre as diferentes posibilidades de traballo unha vez concluída a carreira.


Ademais, o anexo A23 inclúe unha análise dalgunhas das opinións específicas recollidas por titulacións.





[1] Por ámbitos académicos o erro mostral é de: arte e humanidades (±7,92%), ciencias (±7,77%), ciencias da saúde (±9,61%), tecnolóxico (±4,90%) e xurídico-social (±4,06%).